Sempre os post saíron neste blog por propia iniciativa e agora, en dous días, xa van dous por encarga, neste caso trátase da curiosidade do señor Fisiólogus.
Ruínas
As ruínas foron singulares, a primeira especialmente, que o meu link aparecese nun blog supostamente abandonado xusto un ano antes de se crear Selva de Esmelle resultábame dun azar marabillosamente cinematográfico. A segunda e terceira ruína déronme a impresión de que toda a rede morrera esa tarde, foi un alivio cando dei cun blog en activo.
O paseo polas ruínas fíxome pensar que os blogs como obras nosas teñen principio e han de ter fin e reparei en que aínda non se me dera nunca por pensar na fin do meu blog.
Vieiros
Dei de completa casualidade co link de Vieiros ao este blog, non vou mentir e dicir que me deixou indiferente, diso nada, gustoume, aparecer nunha páxina que levas moito tempo usando e respectando alimentou o meu ego, que xa que está aí tamén lle haberá que dar de vez en cando de comer. A verdade é que sentín unha curiosidade tremenda por saber quen o tería posto alí e por que.
Logo seguín navegando polas páxinas do buscador de Vieiros e descubrín que describía unha páxina como blog dunha “muller” galega e fíxome moita graza pensar en por que a ela a considerarían muller e a min “rapaza”.
Iso é todo, espero que a súa curiosidade tamén se vise alimentada, estimado amigo de K.

[Pintura Gustav Klimt: As tres idades da muller, 1905]
10 comentários:
jejejeje é curioso o de rapaza,je.
encántame Klimt!!!!saúdos.Por certo non penses no fin do teu blogue espero que sigas dando a leria moito tempo!!!
ups perdon...
vaia esto é un compreto desastre, o suprimido é meu, que non me din conta e repetín o primeiro, mil perdones!
Un saúdo Lúa.
Se vai resultar que es o mago Merlín...
Os de Vieiros farán a idea do autor así polos datos.
Eu tamén supoño que Selva de Esmelle ten unha man feminina e nova detrás do teclado.
O das ruinas dá para pensar como tódalas ruinas. Eu antes tiña un blogo pero o cambio da situación da miña vida fixo obsoleto ese blogo.
Bueno, un saúdo e graciñas polas visitas.
A porta sempre está aberta :)
gracias. pensé en alguna relación entre las dos cosas pero no me parece que sea la esperada. un saludo.
Imaxinábao, un saúdo Fisiólogus.
Postar um comentário