Así quedou a cadeira que forma parte do grupo escultórico realizado por José Antonio Ferrer en homenaxe a Manuel María en Monforte. Xa vin a noticia en máis lugares do blogomillo pero creo que a denuncia do vandalismo nunca é algo redundante.
Díxome alguén que a rabia se deposita na vesícula se non se lle dá unha saída emocional satisfactoria e remata producindo diversas doenzas. Noto como a miña vesícula empeza a protestar.
4 comentários:
que desgracia, dende logo que hai xente que non merece disfrutar de nada, en fin...
Se se incrementaran as penalizacións non habería tanto "vandalismo urbano" e desde logo que se o sistema educativo fora correcto esto non pasaría.
Como dixo George Sand a estupidez humana non ten amaño. Cando hai un ano se puxo en Vigo a estatua a Verne, eu dixen que nón ían tardar en escarallala. Chamáronme pesimista. Por desgraza, non me trabuquei. Un mes máis tarde apareceu chea de pintura rosa e cheíña de firmas.
Nunca puiden entender a maldade gratuíta.
Postar um comentário