Páxinas

2006/09/04

Descuberta Podcast

Despois de tres meses, creo que isto do blog foi unha grande idea.
Hoxe nun comentario Homedareia convidábame a facer un podcast cos haikus, deslumbrada pola palabra e a través do blog de Homedareia cheguei a unha cousa magnífica que son as súas :areias:sonoras e alí escoitei o primeiro podcast da miña vida. Quedei abraiada, gustoume o contido e marabilloume o medio, parece algo parvo, voz, sons, en fin, nada extraordinario pero comprobo como seguen a aumentar as posibilidades de todo isto.
Logo fun á Galipedia a ver en concreto que era iso do podcasting, que vén sendo en versión moi resumida e sinxela como unha especie de blog onde os post levan voz. De alí fun dar ao Plan Galicia de Mariano Grueiro onde se pode atopar o considerado podcast O do mundo galego do podcast e que inclúe unha explicación moi interesante sobre as vantaxes desta fórmula. Logo acabei en e-music que para ser sincera aínda non sei moi ben o que é, tenme pinta de ser como unha especie de radio en podcasts e en entolear-te que é un blog de podcast. E para rematar, non sei en que momento da viaxe cibernética dei co Projecto Mourente e co disco Baixo os eucaliptos. Copio todo isto por se lle pode interesar a alguén que, coma min, ande medio perdido por estes mundos tan modernos.
O podcast ten a priori moitas cousas boas pero tamén está o tema ese de perder o anonimato e deixar de ser X, polo de agora eu animo a todo o mundo a que se lancen ao marabilloso mundo do podcast, mentres estudarei a posibilidade de ir eu detrás.
Quixen incorporar un podcast de Homedareia a este post pero non o souben facer, supoño que será posible mais eu non dei coa forma, seguiremos intentando.
Cada vez estou máis convencida do gravísimo problema de distribución que temos coa cultura galega, o que non sae nos mass media non se coñece e o que non se coñece non existe, en fin, pero eu coma Scarlett pensarei niso mañá, en Tara, alí podereino soportar, mañá pensarei...

3 comentários:

fisiologus disse...

tengo curiosidad por ese proyecto mourente. ya te contaré.

X disse...

Xa me contarás.
Un saúdo Fisiologus.

Anônimo disse...

En canto atope espacio para poñelos , a ver se subo o resto dos podcast, que xa estan feitos. Graciñas pola referencia.