Páxinas

2006/07/02

Ti, Lobo

Ás veces, o mellor nome das cousas é aquel que non lles damos, tamén para nós, que falamos sen trampas.
Por momentos síntote alancar pretendendo chegar ás carreiras non sei moi ben onde. Noutras ocasións semellas un vello fidalgo coa sabedoría que só dá a idade, sentado na solaina do pazo, ollando o horizonte dourado dun outono crepuscular, sabendo que o que teña de vir, virá. E só moi de raro en raro pero non con menos claridade, recoñézote lobo.
Mágoa que xa me vaia aló o tempo de xogarmos ás carapuchiñas vermellas.

4 comentários:

Anônimo disse...

Sempre é tempo de xogar a carapuchiña vermella devorando ao lobo. :)

Desorde disse...

sz ténoo claro e eu concordo :)

Anônimo disse...

O lobo sempre estará aí. Trátase de facer que permaneza na sombra ou, mellor aínda, que podamos aproveitar as súas necesidades no noso proveito. E iso conséguese co corazón máis que ca cabeza.

X disse...

Prefiro pensar que sempre podemos xogar con lobos: carapuchiñas, nais de carapuchiñas ou avoíñas de carapuchiñas.