Páxinas

2006/07/18

Non podo nin quero esquecer

Meu pai non tería sido dobremente orfo, do asasinado na beira do camiño e da muller que tivo que emigrar para poder manter os tres fillos. E, quen sabe, ao mellor se se criase ao carón de seus pais tampouco lle tería pasado todo o que aconteceu despois, quen sabe...
Non podo nin quero esquecer porque para facelo precisaría encher o oco cos aloumiños e contos do avó que non me deixaron ter.
[Neste post non hai foto porque non hai nin o camiño, nin o corpo en ningún cemiterio.]

4 comentários:

torredebabel disse...

fas ben: non hai que esquecer. Nunca. Verdade e Xustiza, di o lema das Avoas de Praza de Maio e teñen moita razon e moita dor no corpo, coma tantos outros. Coma todos nós, os que valoramos a dignidade humana.

X disse...

Grazas
:)

X disse...

Niso estamos.

R.R. disse...

Nin debemos esquecer.