O xornal Galicia-Hoxe publica unha noticia na que analiza os resultados dunha enquisa sobre Educación Sexual e Hábitos Sexuais dos Galegos levada a cabo pola Sociedade Galega de Sexoloxía. O estudo realizouse entre os meses de outubro e decembro de 2005 con 300 persoas adultas de ambos os sexos.
O texto salienta catro resultados:
a) O 53,7% dos homes galegos decláranse insatisfeitos coas súas relacións sexuais.
b) O 35,6% manifestan moi pouco desexo sexual.
c) O 15,9% dos homes decláranse incapaces de alcanzar un orgasmo.
d) Un 7,7% dos enquisados non aceptaría ter un fillo homosexual.
O primeiro que chama a atención da análise deste xornal é a ausencia das mulleres, non deben considerar tan importante o grao de insatisfación feminina coma o masculino.
Mais, deixando de lado as primeiras tres cifras, que tamén darían para moito falar, o que me leva a escribir este post e ese último dato que a noticia inclúe para completar parágrafo sen a máis mínima análise.
Un 7,7% dos enquisados non aceptaría un fillo homosexual, realmente é un dato terrible, porque diso a xente non se opera, nin hai aparellos alongadores específicos, nin cremas milagreiras, nin é motivo para baixa psiquiátrica. Supoño que é unha cuestión de educación, da educación que nos falta.
8 comentários:
o mais dificil non é tanto ter fillos, senón saber amalos como son. Coido que sen unha vida plena, iso será ainda moito mais dificil...
Máis que unha cuestión de educación, eu diría que é unha cuestión de mala educación: Estamos no século XXI e semella, moitas veces, que estamos polo XVII. Que noxo de mundo. Que noxo ( en fin, tampouco hoxe estou no meu mellor día ).
TorredeBabel isto vai moito máis lonxe, xa non se trata de non amar, senón de nin sequera aceptar.
Si, náufrago, este tipo de cousas tampouco axudan a que a un lle mellore o día. Sinto o do seu día, intentaría facer algo pero asegúrolle que son moi mala contando chistes, espero que mellore a cousa! :)
Unha cousa é a intención que se manifesta na enquisa e outra a asunción dunha realidade concreta. A miña experiencia dime que os máis “retro” asumen máis do que din.
Un saúdo
Si, SZ, pero aínda que chegado o momento asuman máis do que din, de primeiras actúan como axentes coercitivos. Un saúdo para ti tamén nesta tarde de insoportable bochorno :)
Os datos con respecto a homosexualidade nunca deixan de dar sustos. Tremendo.
E con respecto a este tipo de intolerancia, habería que dicir tamén onde metemos a eses que son homófogos insoportábeis... até que un fillo seu resulta ser homeosexual. Souben dun caso así en Vigo. Un pai, que sempre fora un "rompecollóns" neste tema, agora reclama tolerancia... tolerancia ao verse afectada a súa familia. A tolerancia que el nunca tivo cara os fillos dos outros... En fin. A algúns, polo visto, o mellor que lles pode pasar é precisamente que teñan un fillo homosexual para que aprendan a non velo como algo tan alleo
A proximidade das cousas sempre axuda á súa mellor comprensión.
Un saúdo e benvido Larvós :)
Postar um comentário