Páxinas

2006/07/05

Ai, lobo, canto sabes!

Os días son intensos ao carón do lobo, desde as eclipses de sol ata a súa camisiña nova, pasando polos seus círculos ou o bocado inmenso da cea. Lobo sorrí mais non deixa ver os dentes. Son días de cambio estacional na climatoloxía de lobo, xornadas de claros, nubes, lóstregos e entre eles raiolas a colárense no medio das tormentas. Son intermedios entre as súas horas, ritmos imposibles de manter. Lobo ensina a patiña, quere aloumiños antes da guerra. Ai, lobo, canto sabes!

6 comentários:

oko disse...

e é de fiar, o lobo?

X disse...

Considera vostede que existen lobos de fiar?
Xusto aí é cando se perden as carapuchinas, no momento en que comezan a pensar que o lobo deixou de selo só para elas.
:)

Anônimo disse...

os lobos aman ás lobas

X disse...

Ben o sabe vostede, fillo de Pelasgo e da pálida sen igual Melibea.
Os lobos aman ás lobas porque só elas son quen de saciar a súa fame.

Anônimo disse...

Un lobo, aparentemente, cuns intereses apaixonantes. :)

X disse...

De certo que si. :)