Páxinas

2010/02/22

Aínda non quero esta semana


Dentro de oito horas xa levarei 6 minutos no traballo tentando non abrir a boca porque estarei morta de soño, e non me apetece, aínda non quero esta semana, por favor, necesito durmirrrrrrrr, e espreguizarme aos poucos, e ronronear nas sabas e volver dumir outro pouquiño ata sentir que xa son persoa para saír á vida. Na tele unha adolescente de 18 anos fala como unha muller de 30 coas tetas novas que lle acaba de mercar súa nai de agasallo de aniversario, e séntese realizada, e gústalle que a miren, e xa é outra... hai que ver o que arreglan algunhas só cuns cantos centímetros máis de tetas, estou por chamar á corporación esa a ver se me dan algo pola cesión ad aeternum dos centímetros que me sobran todo derredor. Que desastre! É tardísimo! Xa dixen que non me apetece a semana que vén? E se chamo e digo que non me atopo ben? Non, iso non é posible, eu non fago esas cousas, ademais seguro que se me había de notar na voz que minto, pero que ganassssssss

7 comentários:

Beluka disse...

tiven as mesmas tentacións... e aínda agora estou pensando que na camiña estaba moito mellor. aínda que rente menos, reina abondo máis!
ánimo!

Bandini disse...

bueno, a mí tampoco me apetece. pero teniendo en cuenta que quede con los amigos el viernes a la noche...pues habrá que llegar hasta allí.

salud

X disse...

Veña, que xa levamos superado o luns e mais o martes, isto dentro de dous días xa é pan comido.
Saúdos aos dous.

loslibros disse...

Cada tres días deberia ser fin de semana.

X disse...

Iso como mínimo :)
loslibros, doulle a benvida á Selva, e con ese nome, fágolle recepción especial.

xenevra disse...

E chego en domingo, aventando unha semana nova. Non me apetece. Gustaríame facer eterno este domingo, estas 8 da noite para non ter que enfrontarme a unha nova xornada de traballo. Pero iso xa sería entrar novamente (post seguinte) na posibilidade da eternidade ;)

Un pracer pasearme por aquí. Fotos e textos, unha chulada.

X disse...

Grazas de novo, compráceme especialmente que lle gusten as imaxes da Selva. Saúdos.