Páxinas

2010/02/28

Pasou o vento

Pasou o mal vento e como ao final a natureza manda metémonos todos nos nosos cubillos aínda así quedaba un querer romántico de saír e se enfrontar a Eolo encabuxado.
E as neveiras enchéronse, que se cadra era tan perfecta a tormenta que nos deixaba días illados sen ter que levar á boca, e mercamos lanternas e pilas porque no fondo dalgún caixón aínda debe haber unha radio pequeniña, e recuperáronse as candeas das ceas románticas e das noites sorpresa. E alá foron os plans da fin de semana, e ata se adiaron os eufemismos.
Parece mentira que esta forza desmedida sexa parente daqueloutro ventiño levián acariñador do corpo ao sol.

5 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

As levedades garimosas sempre teñen o seu contrapunto vapuleador rexeitable. Pénseo e verá como sí.

(A ver que raio facemos agora con tanto acopio de chocolate!!!!)

Maribel-bel disse...

Ó lerte, acordeime de que mercara varias velas e unha linterna. Os medios de comunicación poden chegar a provocar en nos pánico e fuxidas en estampida. Un bico,hoxe de calma.

aultre narai disse...

ai! como me gusta ese sofá...

peke disse...

Por sorte (ou debería dicir por desgraza?), xa pasou.

X disse...

Chousa, o chocolate a derretelo en mornos padais.
Maribel-bel, douche a benvida á Selva, outro bico tamén para ti.
Aultre narai, como me gusta que che guste!
Peke, por sorte, por sorte! Apertas para os tres.