Ordenando, ordenando, dei con este meme pendente desde outubro de 2006 e decidín que xa era tempo de quitarlle o po, completar un par de números que faltaban e convidalos a xogar. Obxectivo, 10 olores, que arrecedan ou cheiren segundo desde onde lean, pero que dean conta dese que seica é o noso sentido máis primario.
1. Mar de inverno, o arrecendo que de súpeto percibes como unha labazada cando te achegas.
2. Sexo, a mestura fantástica de olores múltiples que queda nos corpos e nas sabas.
3. O interior dos libros, dos vellos e dos moi novos tamén.
4. Perfumes, moitos perfumes diferentes, gústame a sensación que produce ulir o perfume doutra persoa.
5. Moussel de Legrain.
6. Terra mollada.
7. Igrexas.
8. Castañas asadas.
9. Tabaco, poden ser diferentes tipos de tabaco, algún tabaco aromático de pipa ou un daqueles meus cigarros.
10. Lixivia.
1. Mar de inverno, o arrecendo que de súpeto percibes como unha labazada cando te achegas.
2. Sexo, a mestura fantástica de olores múltiples que queda nos corpos e nas sabas.
3. O interior dos libros, dos vellos e dos moi novos tamén.
4. Perfumes, moitos perfumes diferentes, gústame a sensación que produce ulir o perfume doutra persoa.
5. Moussel de Legrain.
6. Terra mollada.
7. Igrexas.
8. Castañas asadas.
9. Tabaco, poden ser diferentes tipos de tabaco, algún tabaco aromático de pipa ou un daqueles meus cigarros.
10. Lixivia.
Agora tócalles a vostedes.
Vía A maliña de Lugo.
6 comentários:
Apúnteme, se vde me dá tempo.
Gústame, que tentador... Comparto varios dos que pos...
O mar, o sexo, os libros (pero sobre todo os que viviron moitos anos rodeados de tabaco e cheiran a vainilla), as pelotas de praia novas (e, por extensión, as carpetillas plásticas con uñeiro), a cebola fritíndose, os ambientadores de froitos vermellos, a canela, o ourego, o aceite oliva do bon, el.
:) Grazas por este meme, foi todo un exercicio!
Comparto varios tamén, e son:
- Terra mollada (sobre todo despois dunha tormenta de verán)
- Sexo (dende o meu punto, mellor o olor a desexo femenino...)
- Os libros (lembranme a infancia, cos libros de texto noviños do trinque)
- Castañas asadas (case mantén o seu olor...)
E teño outros:
- A herba recén cortada.
- As rosas da miña roseira (non podo pasar por diante sin meter o nariz nelas. Un día picarame unha abella!).
- As chousas na primaveira
- O pan recén sacado do forno
- A manteiga cocida que facía miña nai (chamáballe "borras")
- Pleassures
Kaplan, doulle tempo, só agardo que non lle leve acabar o post os catro anos que me levou a min.
Beluka o das carpetillas fíxome moita graza, aínda así concordo, é un olor agradable.
Chousa, dos seus quédome coa herba recén cortada.
Saúdos aos tres.
Chego aquí, xusto aquí, dende Kaplan. Comparto e gusto dalgúns dos olores que rodean este post. Como sobrevivir sen o cheiro da terra e do mar. O mar, cando regresas á casa na fin de semana tras 5 días en terra adentro. Hai outros, colonias ou ambientadores, que debo desbotar totalmente do meu contorno; non puidendo achegarme a quen os use ou onde os haxa por un problema de intolerancias (SIQM), que aínda que non é extremo, si o suficiente para facerme recoñecer, dende hai tempo, que non hai mellor olor que o noso propio, o da nosa pel, o do fogar que cheira a nós.
Un saúdo, vou seguir mirando os outros xa que ata aquí cheguei
Benvida Xenevra, sei que será unha visita agradable pois desde Ithaca sempre as visitas foron pracenteiras, doulle a benvida a esta Selva que ultimamente teño abandonada.
En canto ao dos olores, como podería comprobar, son amante tanto das fragrancias naturais como dos perfumes elaborados. Saúdos.
Postar um comentário