Páxinas

2010/02/01

As costas

Un xiro casual cara ao encerado e a súa camiseta marca a forma dos ombros, a curva do lombo e cae frouxa sen marcar máis.
Pero isto non pode ser, nunca me gustaron os homes novos e reparo en que non é el senón as súas costas. Esas costas viradas por breve tempo cara a min, que me lembran as dun home oriental que tamén me lembraron as doutro home oriental que só foron prólogo doutro home oriental. E móvese pola clase mentres eu non o vexo a el senón aos outros tres a un tempo. E volve a roibén, aquela, a de cando aínda non percorrera as costas de todos os homes orientais. E levo a man á meixela para percibir mellor a quentura do rubor. E antes de volver á monotonía dun luns calquera lembro O POETA:

"E aló no leito humilde, ordinario
posuín o corpo do amor, posuín os beizos
volutuosos e vermellos da embriaguez,
vermellos de semellante embriaguez, que tamén agora
cando escribo, despois de tantos anos!
na miña casa solitaria, embriágome de novo."
Kavafis

Epílogo: Mentres conduzo cara á casa vexo esas costas na escuridade da autovía e agora, mentres me baleiro na Selva, aínda sigo a lembrar.

6 comentários:

peke disse...

Ai!

Kaplan disse...

Ao parecer, ten metido un lombo no ollo. Mal asunto, non creo que haxa colirios para iso.

X disse...

Peke, Ai! non, Ummm.
Sr. Kaplan, mal asunto? E daquela que hei de facer?

Voz en off disse...

Se non te gustan os homes novos é que es parviña. Que non sexa un alumno, eh?

zeltia disse...

Ando á procura de películas para ver nas vacacións xunto cunha amiga convaleciente, sesión de cine en casa;
metichesme gana de ver "carta de una mujer desconocida"!
un título máis para a faltriqueira!

"as miñas almas xemelgas" votárona ben en filmaffinity!

zeltia disse...

e deixasme desacougada (co das costas)
- o desacougo xa o tiña, pero lembráchesmo -