Ando envolta nun traballo/vicio que me afasta dese mundo que segue a xirar, saco a cabeza un chisco e comprobo que me esquecín dun agasallo de aniversario (apúntemo no debe). Lanzo unha ollada e vexo como o Torreira me bota máis anos dos que teño, mentres Rosa Enríquez me informa de que hai por aí, circulando pola blogosfera, un deses estúpidos memes dos que tanto gosto e ao que ninguén me convidou aínda. Menos mal que un cidadán anónimo me lembra a importancia da harmonía.
Snif, snif, snif...
Snif, snif, snif...
12 comentários:
acordouse! grazas, moitas grazas :-) (aínda que estou por pensar, como pessoa, que un xa non cumpre anos, que só DURA...
(perdón, pero estou conmovido)
Se te refires ó meme das 8 cousas, estás por min extraoficialmente convidada. Aínda non publiquei o post do meme e polo tanto non puiden convidar a ninguén máis, pero ti xa podes ir dándolle ó miolo... (a min estame a custar)
un saúdo
E logo? Isto que é? Unha invitación á danza? ;-)
Comprendemos que está ocupada, pero non nos esquecemos de vostede. Non poña esa cara muller que me vai facer chorar a min tamén!!
Un bico.
Este torreira...e un metezocas fetén...bicos
Convidada outra vez
Eu tamén te paso a miña invitación, ando aínda sufrindo unha especie de jet lag que non me deixa pensar en memes....Calimero non please!
Oficialmente convidada está. E vexo que non fun o único.
A harmonía tamén ten algo de tensión, de agardar cos músculos en garda a que todo cambie ou todo permaneza. Feliz outono.
pois tamen eu che convido!!!!!!
faltaba mais!
¡Home non me jodas! (con perdón). Vexo que por aí arriba xa amañaron a desfeita esta, pero que quede claro que se un día chego a meterme na memecadea do 8, vostede será o primeiro dos meus convidados. Faltaría máis.
Por certo, eu sei de un familiar moi cercano ó que os alunos chamaban Calimero... Qué gusto un profe así, ¿non?
Grazas a tod@s.
Postar um comentário