Páxinas

2007/11/15

8 Motivos

Fotografía de Dorfun.

8 Motivos para inxectar meu veleno en ti:
1 – Preciso que o teu berro me confirme que aínda estás vivo.
2 – Quero poñerte en perigo para despois salvarte.
3 – A túa carne resulta extremadamente tentadora para estes meus dentes pequechos.
4 – Quero comprobar que non perdeu as súas propiedades.
5 – Quero sentirte atrapado polos meus cairos.
6 – Así o meu líquido ha de ir en ti sempre.
7 – Desta volta tiña que ser eu a que te enchese a ti.
8 – Hoxe é deses días en que me gusta ser mala.

Non era nada persoal, enténdeo, pero tiña que seguir o meme.
* Convido a este meme a quen garde veleno e o desexe repartir.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

...creo que o máis interesante das trabadas venenosas... debe ser esa sensación onírica da falta de vida... mentras agardas por un antídoto...

Anónimo dixo...

Moi bo o comentario de Dorfun!!! Quedei sen palabras.

Torreira dixo...

Agora que sei que os teus dentes son pequenos,ando mais tranquilo...gustoume.bk

Ana Bande dixo...

Dan ganas de cometer o pecado máis grande do mundo por oito trabadas das túas.

Anónimo dixo...

En rústico diríamos algo así como: jumm, unhas fregas de unto vivo...

torredebabel dixo...

deixachesme sorprendida X. Sobre todo pola intensidade e fermosura que pode agochar a crueldade.