Páxinas

2007/11/21

Estupenda tormenta

(William Mortensen: Nude with Umbrella, 1930)
Estupenda tormenta a desta noite, ummm, por fin chove como é de chover. Xa podemos ir chapotear nas pozas.

8 comentarios:

A Conxurada dixo...

Si, eu tamén disfrutei coa tormenta, pero agora que teño que subir cargada de bultos a Compostela...pois xa non che me fai tanta gracia,jeje.

Pero si, da gusto ver chover de verdade.

Saúdos.

Anónimo dixo...

Aínda non chove como ten que chover, pero menos dá unha pedra.

Antonio Olives dixo...

A estas horas está asomando o sol. Parece que foi unha pequena alucinación.

Anónimo dixo...

si, aquí tamén chove, pero sen trevón.

Anónimo dixo...

Poña unhas catiúscas polo menos, X, faga o favor, que estes catarros das primeiras pucharcas son do peor que hai.
Estará contenta!!

torredebabel dixo...

aqui o que temos son dias de sol, que tamen boa falla fan logo do inverno. Pero gustame a vosa tormenta!

Anónimo dixo...

Hai que mollarse! Non si?

X dixo...

A Conxurada, ánimo cos vultos, que unha pinguiña tampouco é para tanto :-)
Peke, xa sabe, un gran non enche celeiro pero axuda o compañeiro.
Antonio Olives, non foi alucinación, non. Benvido á Selva.
Kaplan, debe ser a chuvia que anda moi preguiceiro.
Doutora, xa están postas, e si, estou contenta.
Torredebabel, cedereille gustosa durante unha temporadiña o sol.
Cidadán Anónimo, iso sempre.
Saúdos a tod@s.