Páxinas

2007/11/29

Sen dicir

[José Carlos Vázquez - Seducción]
Seica hai quen di que as mulleres non son claras, que non sabe un a que aterse. Algunhas opinións máis especializadas afirman que iso non é bo para o entendemento da parella. Outros que estudaron aínda máis sosteñen que ese comportamento é produto do sometemento secular sufrido polas mulleres que derivou neste caso na non verbalización do propio.
Seino e, malia todo iso, ou precisamente por todo iso, a min gústame dicir sen dicir e que ti me adiviñes.

4 comentarios:

azathioprina dixo...

E eu só DESEXO ADIVIÑAR¡¡¡

Tremenda novamente¡¡¡

A Conxurada dixo...

Eu tamén teño que dicir sen dicir, e por suposto a miña parella tenme que adiviñar, jeje.

A foto fermosísima.

Raposo dixo...

A min gústanme as adiviñanzas!

From Hell dixo...

from hell returns
saúde