Páxinas

2007/10/30

Positiva

O día comezou regular, continuou bastante mal, evolucionou a agradable e agora, deixando entrar a friaxe da noitiña pola xanela, atópome ben, falaría de serenidade e esas cousas pero ultimamente todo iso sóame a crise dos corenta e fuxo de certas palabras e conceptos coma alma que leva o demo.
Gustaríame ter un par de horas para perder.
Onde teñen sucursais os bancos eses de tempo dos que fala a xente. Quero comprar. Non preciso que me produzan grandes dividendos, sei que é un valor inestable, fuxidío, aínda así, estou en racha, quero comprar. Non, non estou tola, non o investirei todo, teño que deixar unha porcentaxe de sacrificio cotián, non vaia ser que veña a crise e iso do tempo vaia a pique e teña que saltar pola ventá coma no 29.
Hoxe non pode ser, quizais outro día.
Non importa, camiño en boa dirección.

3 comentários:

Torreira disse...

Séntache moi ben esos 40...bicos

Cidadán anónimo disse...

Tempo para perder nunca é unha mala inversión. Todo o contrario, afortunados os que disfrutan cando non fan absolutamente nada. Estar en harmonía coa "nada" é o realmente importante.

rosa enriquez disse...

Mercar... a min gustaríame mercar tempo pero cando penso como andaba nos vinte prefiro quedar como estou¡ Por certo, non se anima vostede a facer o meme das oito cousas que anda por todos os blogs? Bicos:))