Páxinas

2007/10/07

Vivan como empresarios galegos!


Parabéns a GADISA pola súa nova campaña publicitaria de Gadis "Vivamos como galegos", todo un acerto.
A verdade é que desde hai uns anos me chama a atención o seu comportamento publicitario, con moitas colaboracións en programas da RTVG e logo boto de menos a correlación na súa praxe cotiá. É por iso que me gustaría facerlle algúns convites ao grupo empresarial que posibilitarían que o sentise máis próximo:
- Non estaría mal que nos seus establecementos en Galicia puidésemos atopar a sinalización en galego.
- Tampouco estaría mal que a etiquetaxe dos seus produtos de marca branca, Leader Price, incluíse versión na nosa lingua.
- E xa sería para nota que na súa páxina de compra na rede, gadisline, puidésemos comprarlles de todo e en galego.
Non crean que somos moi esixentes e aspiramos a imposibles, non lles pedimos máis que o que xa fan outros, como Eroski.
ADIANTE, DIRECTIVOS DE GADISA, VIVAN COMO EMPRESARIOS GALEGOS!

11 comentarios:

paideleo dixo...

Serían máis consecuentes, si.

oko dixo...

canta razón tes!

Anónimo dixo...

Contradicións, si.

Mrs.Doyle dixo...

Vaia... eu teño un post co mesmo tema: o mellor exemplo sobre a pragmática galega que existe.

Anónimo dixo...

É o que che ten o marketing, que soamente ven os "nichos de mercado". E os galeg@s non podíamos ser menos, soamente somos un "nicho de mercado" máis.

Anónimo dixo...

Pois si, coido que había que escribilo con letra aínda máis grande. A min este tipo de mercantilismo non me parece nada riquiño.

Anónimo dixo...

Do dito ó feito, un mundo...

Raposo dixo...

Eso, que as intencións non se queden so nun anuncio.

gatina dixo...

Eu teño unha pega, onde lle vai o acento??

Moi bo o do "octupus to the pary". Si, nas "parties" soe haber moitos "pulpos"...

rosa enriquez dixo...

Pois leva razón. Eu vou sempre ao Gadis porque me queda ao lado da casa e en galego non vin nin escoitei nada. O anuncio é chulo pero non é real, polo menos no mundo-gadis. BICOS:))

Manuel Ángel Candelas Colodrón dixo...

Os anuncios de Gadis que saen agora na parte de abaixo nos xornais non entendo que pretenden. Ao mellor, prolongar o éxito acadado non é boa estratexia.