Páxinas

2007/04/17

Normalizacion lingüística

Hoxe Veloso publica un post para o meu gusto moi acertado sobre a situación actual do proceso de normalización. Reproduzo de seguido un resumo do texto.

______

Que queremos dicir cando falamos de normalización lingüística
[...] eu diría que a percepción do galego e, sobre todo, dese proceso que se deu en chamar "normalización lingüística", está a mudar para peor. Despois de décadas de indiferenza maioritaria [...] batemos agora cunha novidade que non agardabamos: a hostilidade manifesta de certos sectores, aínda non moi significativos, pero suficientemente ruidosos como para que as súas queixas sexan esparexidas por veteranísimos xornais e webs de nova creación. Antes de que o regueiriño medre e se faga río, sería conveniente, creo eu, que aqueles aos que aínda nos importa algo a lingua [...] pasemos á acción.
[...] O único que se pide [...] é que aqueles que desenvolvemos a nosa vida cotiá en galego -segundo as enquisas, aínda somos maioría- poidamos facelo con absoluta normalidade, sen atopar atrancos nin discriminacións.
[...] hai un segundo punto que vos propoño, non só como debate, senón como inicio dunha acción directa [...] falta pouco para o 27 de maio, data das eleccións municipais. Propóñovos que, como cidadáns galegos e galegofalantes que somos, empecemos dende agora mesmo a esixir aos nosos medios de comunicación e aos que pretenden ser os nosos representantes nos concellos un compromiso firme co proceso de normalización da lingua galega. [...] Fagamos, pois, que oian a nosa voz.

4 comentários:

Moralla disse...

Esa é a miña amazónica esmelliá. Ahí, ahí. A berrar, e en galego!!
que non morra aquilo polo que os nosos devanceiros loitaron, arriscaron a vida e morreron!!

Son Unha Xoaniña disse...

Eu como candidata do BNG a alcaldía do meu pobo (Petín) súmome a ese compromiso, e a miña voz vaise oir, de feito xa se escoita desde o meu blog, e en cada comentario que fago.
Un saudiño.

Mrs.Doyle disse...

Eu son das que pensa que se están a fecer cousas, si, pero que non se están a fecer ben. A situación está igual (ou peor) que hai anos...

Veloso disse...

Graciñas polo apoio. É moi importante que nos escoiten, que saiban que nos importa a lingua. Un cordial saúdo.