Por un erro debido a un momento de présa atribuínlle a Ghanito a iniciativa de Música no acto, pois ben, a experiencia colectiva que anda coma saltón ledo e pracenteiro polo blogomillo adiante denomínase mmmmmúsicas e debémoslles estes gratos momentos a María de Mallou e Harvey.
Rectifico os títulos dos post e continúo participando.
Eu desde aquí convido a participar neste meme tan singular a Kaplan, Leco, Lúa, Torreira, Oko, o Náufrago, Moralla, o Raposo, Noa, Homedareia (aínda que crea que non son post creativos), Aultre Narai, Raiko, Sara Jess, Mendinho, Cabrafanada, Nhusko, Mrs. Doley, Mr Tichborne e a calquera que lea isto e se anime (algúns e algunhas dos que convidaría xa andan no allo).
6 comentários:
sendo o día que é... considerarei o convite unha brincadeira :)
A verdade é que neses intres non adoito escoitar máis que a sinfonía harmoniosa de pálpitos, bicos, caricias, respiracións entrecontadas, susurros...
anque non negarei que en moitas ocasións pode oirse de fondo algunha melodía, ningunha en concreto, desde Strauss ata Metálica.
Pídolle desculpas pola demora mais teño todo unha miga a monte esta temporada.
Sumariame gostosa á proposta se fose algo do que poidese falar mais é unha das cada vez menos cousas que me fican por probar. Talvez para máis adiante ou se chego a aburrirme, dio-no-lo-queira, así que esta vez a cousa vai pasar por vez ;)
Mrs. Doley, será sempre esa a música perfecta. Grazas por colaborar. Saúdos.
Leco pásalle por vez e se a experiencia vai ter que ver co aburrimento, deséxolle que tarde a eternidade en probala. Saúdos.
Homedareia, brincadeira a súa de escaquearse sabiamente :D
Postar um comentário