Páxinas

2007/04/19

Beixo ou chocolate

Seica uns estudosos británicos acaban de demostrar que as persoas se estimulan máis deixando derreter o chocolate negro na súa boca que co beixo máis apaixonado.
Nunca entendín esa teima de querer agrupalo todo en dúas categorías excluíntes, comedor ou terraza, menú ou carta, café ou sobremesa, traballo ou pracer, por que renunciar a telo todo?

17 comentários:

Torreira disse...

Pra non empachar...bico e boa noite chocolatera

ictioscopio disse...

tamén hai quen di que existen dúas clases de persoas, as que dividen as cousas en duas clases e as que non...

Raposo disse...

Fai uns anos conocín a un home que decía que o queixo de Cabrales regado cun bon Rioxa lle proporcionaba unha experiencia orgásmica mellor ca que lle podía ofrecer unha muller.
Manda carallo!

Son Unha Xoaniña disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Son Unha Xoaniña disse...

Eso digo eu, porqué renunciar a telo todo... xa a vida se encarga de irnos quitando opcións e cousiñas polo camiño.

Moralla disse...

X, ten vostede algo no seu email, o prometido, antes de que pille unha gastroenterite por mor do chocolate
;-)

La queue bleue disse...

Está bem, quanto a beijos, admito-o, som mais gostosos alguns beijos. Além do mais, curiosamente, eu nom som capaz de deixar nada derreter na boca, pode-se tentar mas chega um ponto que nom podo evitar morder seja o que for. Chupes, caramelos, chocolate. Prestam mais!
Mas, sem dúvida, antes o chocolate que o sexo. Co chocolate tudo som vantagens! Simples, fácil, inofensivo, delicioso, accesível, variado, altamente satisfatório; certamente, compensa, compensa.
:P

From Hell disse...

sigo preferindo un bico...

Mrs.Doyle disse...

Gustaríame ver esa investigación... Non me creo nada.
O chocolate pode ser moi placenteiro e estimulante, pero un bico apaixoado e correspondido... eso non ten parangón.

X disse...

Vexo que algúns se puxeron de acordo para volver visitar a Selva de Esmelle, é para min unha alegría :)
Mrs. Doley nunca a pensara tan descrida :O
MO, contención.
Rifo i de zeuquirne, canta razón ten!
O Raposo, por si que era curioso o tipo, o Cabrales está ben, o viño tamén, peroooooo...
Ictioscopio, e vostede de que grupo é?
Torreira, disque hai cousas que nunca empachan.

Anônimo disse...

de ningún que me queira de socio, supoño...

(no anterior comentário despisteime e asinei co alcume de toda a vida e non con este co cal me coñeceu, e co que rara vez ligo ao meu blog, espero non a ter deslocado muito)

X disse...

Non tema, recoñecino perfectamente :)

Anônimo disse...

Co chocolate hai que ter mesura, cos bicos non, xa que logo bicos con chocolate sen exceder a cuota diaria de cacao e despois seguir só cos bicos ata...

Anônimo disse...

Eu prefiro o chocolate, non me fai pensar tanto como os bicos, un pracer sen complicacións, unha pequena felicidade sen consecuencias emocionais, unha tregua para os sentimentos sen renunciar ós sentidos. Compréndovos se empezades a mirarme raro.

gatina disse...

Acordo con vakastolas, pero que sería da vida sen complicacions, consecuencias emocionais... primeiro bicos e despois chocolate, eu tampouco quero elexir.
Un post moi doce X.

fisiologus disse...

yo tampoco lo entiendo. la foto me está haciendo dudar.

X disse...

Vakastolas nunca a miraría raro :)