Erik Satie para cando chegas ás cinco tomar o café, e tes que chamar á porta. Esas horas en que sabes que non necesitaches facer plans porque esa tarde, que se promete longa e demorada, só é o primeiro acto delicioso dunha obra que se prolongará toda a noite. Tempo para ti ata o terceiro acto que vai rematar cando ao día seguinte cerres a porta despois de que te agasalle cun bico untado con manteiga e marmelada. Nin antes, nin despois.
[A fotografía titúlase Porta do ceo, sinto non poder facilitar, por descoñecemento, a autoría.]
[A fotografía titúlase Porta do ceo, sinto non poder facilitar, por descoñecemento, a autoría.]
14 comentários:
X...o enlace ten secuestrado a Erik (non se pode baixaro documento srta)...pintan moi ben eses preludios
Acabo de baixar o arquivo sen ningún problema, non sei o que pode pasar, probe de novo (a ver se agora vai), cabaleiro :)
ENCÁNTAME SATIE, sempre o desfrutei amiga, é tan tan romántico!!! e esa foto é moi suxerente, como todos os teus posts.
Bicos, muller da selva
Y ;-)
Hai a posibilidade srta X de que este alicatado pola falta de sono mais penso que se non sinalas o documento como público tan só o podes baixar ti (coido)...que conversa mais pouco poética (con documento ou sin el,gosto do post)
Moi bonito o teu blog. Apertas, Cobiñas
Grazas aos tres.
Cabaleiro, asunto solucionado!!!
:D
Cobiñas, doulle a benvida ao blog, saúdos ao outro hemisferio.
Ás veces o mellor... son os sons naturais,música perfecta ( cando é ben entonada).
Doulle a benvida ao blog doutora Seymour, e doulle tamén toda a razón, os sons naturais poden ser a música perfecta sempre que @ partenaire estea á altura.
A escolma da Selva de Esmelle é a que mais estou a gustar de todo este reto erótico/musical. Debo ser mais romántica do que pensaba...
Grazas Lourixe por gostar da miña, aínda incompleta escolma, teño que confesar que o que non me gustou tanto é que iso implique romanticismo.
Considérame romántica?
Sí, es romántica.
Unha aperta
Unha masaxe de horas, mentras soa Satie ao lonxe, fóra da habitación, discreto. De romanticismo pouco. Aquí hai carne, roce. Sen melancolías nin mal du siècle. Con Satie todo é pracer demorado.
Concordo plenamente :D
Postar um comentário