Páxinas

2007/04/16

Albaroque da lingua

Recollo a continuación a información sobre o Albaroque da lingua, unha iniciativa que me parece estupenda e que alguén amablemente fixo chegar ao meu correo. Anímense que a festa está servida.
___________________________
Compañeiras e compañeiros da lingua!

Con motivo da véspera do 17 de maio, e porque si e nos peta e nos dá a gana, autoconvocámonos a unha GRAN CHURRASCADA POLA LINGUA (estufada), o ALBAROQUE DA LINGUA 2007, coa escusa de reivindicar unha maior presenza do espírito lúdico festivo no proceso de normalización, dramático de seu mais non tanto como para impedirnos un gran momento de encontro e catarse colectiva.

E por que unha cea? Porque hai que estar ben alimentad@s para enfrontarnos a todo o traballiño que temos por diante!

A xente da lingua –o ghallegho, o galego, o galego-portugués e, claro que si, o portugués– autoconvidámonos a unha xuntanza de confraternización.

Apuntádevos toda a XENTE DA LINGUA sen exclusión por razóns de idade, raza, opción ortográfica ou ideolóxica, discapacidade ou talento artístico: profes de academia, da pública ou da concertada ou da privada, sociolingüistas con título ou sen el, sociólog@s, técnic@s da normalización, psicolingüistas, ecolingüistas, artistas de toda caste comprometid@s coa lingua, xornalistas que aínda non se pasaron ao castelán, activistas sociolingüístic@s, cibernormalizador@s, mestres de a ferrado, veteran@s de guerra, guerrilleir@s en activo, estudantes e parad@s, neofalantes ou paleofalantes..., e, en fin, toda aquela xente ligada á normalización da lingua.

Unha comisión de festas –da que ti podes formar parte, se te pos en contacto a través do correo electrónico albaroquedalingua@gmail.com– está a organizar a MACROCEA lúdico-festiva.

Temos o día –16 de maio– e o lugar: O Fogar do Santiso, en Luou, preto de Compostela.

Participa neste proceso!

Haberá buses de ida e volta desde Compostela, un espectáculo ao vivo inesquecíbel e moitas sorpresas! Se pensas nalgunha cousa máis, ponte en contacto connosco!

Dillo a colegas e a familiares, telefona vell@s amig@s, dálle ao ruxe-ruxe, que a MACROCEA vaia de boca en boca porque, como no Xabarín, temos que ser cen mil!

5 comentários:

Anônimo disse...

Pois a ver, se así, entre churrascos, se atopa a pócima máxica. o día 16 de maio apunto na miña axenda cear o mesmo ca eles,por min que non quede (aínda na distancia).

Son Unha Xoaniña disse...

Eu o mesmo que a doutora seymour, cearei o mesmo pero na distancia, ¡ai, que mágoa! xa me gustaría asistir a esa macrofesta do churrasco blogueiro.
un saudiño.

Moralla disse...

Selviña, e onde podo conseguir ese filme de Bette Davies? jo! Hai tantos filmes antigos ou independentes que non sei como rapiñar!
Bicos ruliña
Dentro duns días, vouche mandar unha foto pra a campaña de lectura, é dun tío moi interesante que vin na Quintana que estaba a ler, quiteilla in fraganti, agochada....
jeje
;-)

X disse...

Eu teño na casa unha muliña dos desexos, eu voulle pedindo e ela dime, ten paciencia que todo chega, e agardando, agardando, a miña muliña vaime cumprindo algúns desexiños, entre eles esa película de Bette. Pídalle á muliña dos desexos pero non lle meta présa ;)

X disse...

Ah, e grazas, todas as colaboracións son benvidas.