Páxinas

2006/06/18

Pelexa de circuliños

Como estes días vin que en moitas páxinas o había e eu son unha copiona irreprimible instalei no meu blog o ClustrMaps. Si, foi unha decisión magnífica, mágoa non me ter decatado antes de que tamén ten contador de visitas e non me molestaba en instalar o que ten. O caso é que mo paso moi ben vendo aparecer circuliños no mapa do mundo e imaxinando, xa se sabe, cousas como… Como viría dar co meu blog alguén de Asia e parvadas polo estilo como que hai catro circuliños minúsculos nos USA ou que apareceu un circuliño en Gran Bretaña. Pois ben, todo ía sobre rodas ata que comezou a guerra de círculos. E como todo o mundo sabe as guerras de circuliños son unha cousa moi seria e transcendental. Non podería precisar o momento pero o caso é que o circuliño madrileño comezou a medrar máis que os demais, mesmo máis que o galego e iso resulta un pouco sospeitoso, non? Logo vai o círculo galego e recupérase e mesmo supera ao outro, e así levamos tres días, que non paran de rivalizar entre eles. Veremos quen gana ao final.

2 comentários:

Anônimo disse...

Pois a ver se che axudo a que gañen os nosos.

Por certo, gustoume moito o estilo do teu blog, a súa estruturación e a inserción de elementos musicais e visuais moi atractivos. Tamén eu te seguirei, sobre todo por ver qué opinas sobre libros e demais.

Saúdos e longa vida.

X disse...

Supoño que son efectos da emigración. Grazas e saúdos, trasnoitador Vixía.