Como dicía o meu veciño Nes comparando as relacións que se establecen neste marco virtual coas convencionais, aquí tes a vantaxe de que podes elixir os veciños. Andei a darlle voltas á idea, é certo, aquí podo escoller quen van ser os meus veciños e ademais tamén gozo da emoción dos veciños novos. Prometo non curiosear demasiado desde detrás das cortinas cando cheguen os camións das mudanzas e comecen a amosar o que nunca debe ser amosado en público. |
"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2006/06/21
Novos veciños
Assinar:
Postar comentários (Atom)
3 comentários:
No siempre se eligen los vecinos, ni siquiera aquí. La voluntad del otro manda más, ya lo dices tú también. Aquí no se vive, pero espero que estés cómoda. el amigo de kaplan.
É magnífico poder vivir nun bloque cos veciños que queiras... e que á súa vez os teus veciños vivan noutro bloque cos veciños que eles queiran... e ... bueno, así indefinidamente. A sensación que relatas de de pertenza á comunidade medra a medida que pasa o tempo. E se definen as posturas. E avanza a conversa.
A identidade é como Ubuntu: eu son, porque nós somos. As comunidades de persoas como círculos. Os círculos córtanse todos entre sí. Ese lugar onde se cortan as comunidades onde nós somos. Ese lugar somos nós.
A rede facilita a pertenza a certas comunidades que nos interesan. Nada máis. Pero tampouco nada menos.
Algún día, non sei cando, retomarei tres das ideas aquí expostas:
De Kaplan a súa idea da comunidade de pisos independentes con paredes de cristal.
Do amigo de Kaplan a afirmación de que aquí non se vive.
De Nes a cuestión da identidade, o eu son porque nós somos.
Grazas aos tres.
Postar um comentário