De blog en blog esta semana rematei nun dunha señora que pola foto semellaba unha avoa posmoderna e que se metía con certos blogs abondo coñecidos de mulleres galegas (sinto no poder poñer o enlace pero non lembro a páxina). O caso é que a señora/señor/ou o que for atacaba directamente ás autoras das devanditas páxinas. Até aí todo me pareceu máis ou menos normal e mesmo divertido, non comparto a visión desa muller pero entendo que ela no seu blog pode poñer o que queira sempre e cando non atente contra os dereitos fundamentais da persoa. Mais o que me chamou a atención foi a forma en que moita xente lle entrou ao trapo e nalgún caso, segundo a miña opinión, inxustificadamente ou dun xeito tan pouco correcto como fixera ela. Entendo que se eu vou ao blog doutra persoa a enchelo de críticas esa persoa terá todo o dereito de dicirme o que quixer porque estou no seu blog, e polo tanto, na súa casa. Agora ben, cada un no seu blog, isto é, na súa casa, pode falar do que lle pete e dar a súa opinión.
3 comentários:
Eu si sei o enderezo do blogue do que falas, porén non o poño por non darlle eco.
É un blogue curioso, porque emprega un sinxelo sistema para coller sona e, nembargantes, eu estou certo que o escribe alguén que emprega un alcume diferente ó seu cotián, pero que pertence ó blogomillo.
Non me decido ainda se está escrito con mala ostia ou con moita coña. Se cadra, son as dúas cousas.
Ghanito se é alguén agachado baixo un novo alcume tanto ten, non, o caso é que é alguén que di iso porque o quere dicir.
Agradeceríache que me enviases o enderezo do blog en cuestión porque intento recuperalo e non o dou atopado.
Un saúdo.
Xa non é necesario Ghanito, xa o atopei, é http://carmucha.blogspot.com/
Postar um comentário