
Dentro de oito horas xa levarei 6 minutos no traballo tentando non abrir a boca porque estarei morta de soño, e non me apetece, aínda non quero esta semana, por favor, necesito durmirrrrrrrr, e espreguizarme aos poucos, e ronronear nas sabas e volver dumir outro pouquiño ata sentir que xa son persoa para saír á vida. Na tele unha adolescente de 18 anos fala como unha muller de 30 coas tetas novas que lle acaba de mercar súa nai de agasallo de aniversario, e séntese realizada, e gústalle que a miren, e xa é outra... hai que ver o que arreglan algunhas só cuns cantos centímetros máis de tetas, estou por chamar á corporación esa a ver se me dan algo pola cesión ad aeternum dos centímetros que me sobran todo derredor. Que desastre! É tardísimo! Xa dixen que non me apetece a semana que vén? E se chamo e digo que non me atopo ben? Non, iso non é posible, eu non fago esas cousas, ademais seguro que se me había de notar na voz que minto, pero que ganassssssss