Páxinas

2011/09/10

Virxilio Fernández Cañedo (1925-2011)

Os contemplativos (Virxilio, 1988)

Prematuramente ten que ver a luz un dos sofás da Selva porque 8 de setembro faleceu o autor da fermosa pintura, Virxilio.

Un día soou o timbre, dixeron o seu nome e abriu pensando que se trataría de correo, despois duns minutos de escoitar tombos e voces polas escaleiras tiña na súa porta dous rapaces que lle traían un sofá, ela non mercara ningún sofá pero os datos da entrega eran os seus, o moble viña acompañado dun sobre cunha tarxeta coa mensaxe: ÍSPETE, TÓMBATE E CERRA OS OLLOS. Como non tiña sitio na casa indicoulles que o deixasen no medio e medio da sala, xa logo había pensar que facía con el, agora só podía intentar poñerlle nome ao autor de semellante agasallo.
Pensou que se facía o indicado habería de ter unha visita e espiuse e tombouse e cerrou os ollos e agardou a súa chegada.
O sofá resultaba cómodo malia non ser excesivamente largo senón máis ben un chisco curto para se poder estarricar toda. 
Pasaban os minutos e ninguén daba sinais de vida, pensou que quizais non sería unha visita senón unha chamada e procurou ansiosa o móbil no bolso, na cociña, na cama, ata atopalo apagado enriba do moble do baño. Acendeuno coa esperanza de ter algunha chamada perdida pero nada. Pousou o móbil á súa beira no chan e volveu a tombarse no sofá.
Tiña a rixidez xusta, amoldábase ao corpo sen se afundir, era realmente cómodo. Cos ollos cerrados pensou nas fermosas listas anchas en papaia e azul maia separadas polas finiñas douradas da tapicería que acariñaban a pel.
E alí tombada esqueceuse de si mesma e veulle o sono, e soñou mundos de cores imposibles mentres elas e eles entraron con cadansúa tarxeta no peto onde se podía ler: ENTRA, CALA, CONTEMPLA E MARCHA.

7 comentários:

Paz Zeltia disse...

que relato tan ben argallado en torno ao sofá.
(era o que che dicía a túa tarxeta?)

matrioska_verde disse...

todo un descubrimento; o cadro de Virxilio, o propio Virxilio e o teu relato que me encantou.

¡fantástico!

biquiños.

p.d.: o sábado fun ver "La deuda"... merece moito a pena, encantoume.

ademáis descubrín a Jessica Chastain... paréceme que ten unha beleza diferente.

Helen Mirren, mais guapa que nunca e moi elegante.

Sam Worthtington, guapiño

e un atratactivísimo Marton Csokas, tamén descoñecido para mín


http://www.elpais.com/articulo/portada/pelirroja/moda/elpepusoceps/20110911elpepspor_4/Tes

na casa estiven a ver "127 horas", que me gustou e "Stone", que me decepcionou, a pesar de Robert de Niro no reparto.

Anônimo disse...

Lindísimo cadro o que escolleu como homenaxe, que texturas. Eu teño a terceira tarxeta, que unicamente di: TOCA E NON O CONTES CANDO MARCHES.

X disse...

Zeltia, moitas grazas, a miña tarxeta...

Aldabra, grazas tamén, tomo nota destas recomendacións e das do outro día, respondereinas nun post.

Kaplan: TOUCHÉ.

Saúdos aos tres.

peke disse...

Estupendo post.

Raposo disse...

Bo relato, gustei!
Deíxolle un recadiño no meu blog por si lle apetece.

Anônimo disse...

Querida X, parece que lle colleu o gusto ao sofá... espero que a encomenda que a agarda en Ithaca a faga reaxir. Vde verá.