"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2007/03/20
Iraq catro anos despois
Cando penso nos milleiros de mortos e feridos imaxino as súas vidas antes de morrer ou cambiar para sempre. De seguro que eran cidadáns coma min, coma ti e coma ti tamén, preocupados por asuntos correntes, por esas pequenas cousas que van enchendo día a día o caminiño de cadaquén; e penso na inxustiza que un día se cruzou e botou a perder todo. Despois, só podo sentir unha mestura de rabia e resignación por eles mentres aló no fondo xorde o alivio de saber que os meus andan en guerras moi diferentes.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
10 comentários:
Miles de mortos,... e os que quedan.
catro millóns de vietnamitas e camboianos ían en Indochina até que os iankis foron tomar vento... agardemos que desta non chegue a tanto.
E Aznar aínda non nos pediu perdón.
A nos e a eles. Sobretodo a eles.
A solución maxistral que ronda pola enferma mente de Bush, coa bendición de Aznar, so pasa polo exterminio total dun pobo que, na súa simpleza, considera "malvado".
Aznar e un covarde belicoso indixesto e o que dis unha traxedia mais deste taboeiro de xadrez onde xogan estes impresentables co mundo
Aznar debería ser xulgado...
Non á guerra.
650.000 dícan hoxe e Aznar xustificándose en Sydney con esa merda de inglés "home English" que fala. O mundo está en mans de catro burros.
Se só foran catro!!! Aznar dí que el "pensaba" que sí había armas... miá avóa sempre me dí que pensar é de burros. E as avóas sempre teñen razon.
Terrorismo de estado en toda regra... Sen comentarios...
Aznar es básica e irremediablemente lento, en la acepción más despectiva,por supuesto.
Postar um comentário