Páxinas

2007/03/25

Tamen me roubaron a min

Tamén me roubaron a min unha hora de leito compartido, xusto agora, cando non podo perder ningún dos segundos ao teu carón, nestas poucas horas de deixarme perder no teu remuíño.
*Inspirado por Torreira.
*Imaxe de X.

14 comentarios:

Torreira dixo...

Xa somos dous X...bico e obrigado

Anónimo dixo...

Eu aínda me acabo de informar agora.

Xosé Manuel Carreira dixo...

Eeee... a ver, a ver, que eu me enteire, que é o que pasa aqui entre o Torreira e a señorita X de Esmelle?. Temos blogoromance no blogomillo?

Ra dixo...

Seguro que le serán reembolsados, X...reclame ;)

X dixo...

Frío, frío, frío... señor Mendinho.

Mrs.Doyle dixo...

Si, reclame.

Noa dixo...

a min só me roubaron media... pero como me doeu...

Raposo dixo...

Mirade o lado positivo. Segun os estudios realizados seica se aforra moito de consumo enerxético.
Do amor non dice nada.

Marinha de Allegue dixo...

Se cadra ese "roubo" foi unha ganancia non si?.

Un beijo.
;)

Xosé Manuel Carreira dixo...

Oh, mágoa. O blogomillo precisaba dun romance dixital.

Torreira dixo...

Si e polo blogomillo...sempre podemos facer unha fotomontaxe X

X dixo...

Señor Mendinho, quizais vostede que bota en falta o blogoromancemilleiro podería ser o blogoRomeo que esta comunidade necesita. Todos sabemos da súa infinita capacidade de sacrificio, abondo probada con esas probas recentes, só ten que buscar á súa blogoparella e entre ambos os dous deleitar a esta, a súa comunidade, tan necesitada de romances dixitais como vostede ben apunta. Agardando as novas do seu blogoromancemilleiro saúdao atentamente e sempre súa.

X

Moralla dixo...

Queridos/as:
A min o que fode é que me roubaron unha hora de sono!!
Bicos

Anónimo dixo...

Debo de estar facéndome maior. É o segundo ano seguido que me afecta isto do cambio de hora. Non durmo. Non durmo. Non durmo.