E soa o espertador, 8 de marzo de 2007, Día Internacional da Muller Traballadora, e hoxe, xusto hoxe, quero quedar na cama, entre as sabas quentiñas, e dedicarme á vida contemplativa. A pensar en todas esas mulleres que tanto fixeron e seguen a facer para que a vida doutras mulleres traballadoras sexa máis digna, máis vida e menos explotación.
Non, non vai poder ser, o meu soño de muller-parasito só se pode permitir o luxo de durar dez minutos de nada, logo, a ducha, o coche, o traballo, a vida... agardan por min.
[Fotografía de Simon Pais]
_________________________________
Velaquí outras visións do día de hoxe:
Besbellinha; Choiva ázeda; Homedareia; Pontedeume; O Refraneiro; Vieiros.
7 comentários:
A verdade é que non o entendo...non hai comentarios, en fin.
Hoxe non, TODOS OS DÍAS, todas/os debemos incentivar a igualdade entre sexos, porque a fronteira pétrea-férrea entre homes e mulleres segue a avivarse, e non só en Oriente. En moitas ocasións, de xeito inconsciente, as mulleres son máis machistas que os homes en pequenos detalles que se van acumulando. PARÁDEO XA!
bicos
Moi interesante o teu espazo. Parabéns e unha aperta. Grazas polas túas palabras, Man Ray tamén para min significa moito.
MO, de xeito inconsciente unhas veces e noutras de xeito moi consciente. Se un non sabe onde se atopa malamente pode planificar o seu camiño, que a maioría das mulleres asuman a realidade ten que ser o principio da solución.
Ana Bande, doulle a benvida ao blog e as grazas pola súa intervención.
O problema penso que ta en que a realidade ta moi asumida por moitas mulleres. E a súa situación aceptada. Ese conformismo é o que non deixa equilibrar a balanza.
O 8 de Marzo, desde este ano non é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, senon simplemento e globalmente O DÍA INTERNAICONAL DA MULLER (o de traballadora suprimiuse para homenaxear a todas as MULLERES).
Doulle as grazas a anónimo pola aclaración, non é da muller traballadora, é só da muller.
Ummmm, non coñezo a ningunha muller que non traballe, ah, si, un par delas e esas son parasitos dos seus partenaires adiñeirados e non merecen que se celebre nada por elas.
En fin, se xa abranguía moitos temas o día da muller traballadora, o día da muller pois abranguerá todos eses e mais moitos outros, daquela, peor aínda.
tes moita razón "X". Un bico fermoso
Postar um comentário