Foi ver este vídeo e saber que tiña que volver á Selva.
"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2018/07/13
2018/05/19
A informacion do ollo humano
Leo a Oko:
"o ollo humano é quen de procesar un fluxo de información unhas dez veces superior ao resto dos sentidos á vez"
máis que o olfactomáis que o gusto
máis que o oído
máis que o tacto
...
Por iso ás veces preciso cerrar os ollos para sentir só a información...
que me dá o tacto para atopar ás apalpadelas os camiños do desexo,
só a que me dá o gusto para gorentar a túa suor,
só a que me dá o olfacto para ventar o teu sexo,
e só a que me dá o oído para acompasar o meu corpo ao teu alasar debaixo de min.
DSXT
2018/02/02
Cando o corazón manda
O momento tantas veces previsto, imaxinado, planificado, a
caixa arrastrándose á súa derradeira misión, minutos escasos en que o operario
do lugar provisto de pistola de silicona sela a tampa estendendo a súa escuma de
pasteleiro, e ese rascar da paleta que se che mete polos
oídos. Unha punzada aguda na gorxa que afoga, que doe, vista ao ceo e ti que non
queres, que non, que non había ser así, pero todo pasa por diante dos ollos que
loitan contra as bágoas porque ao final, o corazón manda, a vida foi moi longa e antes da ruptura
houbo bos momentos imperecedoiros que sempre han estar aí porque, maldita
sexa!, eu tamén te quixen.
2017/03/16
Escribirte
Hoxe gustaríame inaugurar o meu corpo co teu nome,
mais como escribirte sen que a miña boca teña as túas letras.
2016/11/18
Sensitivo goce
X
XXIV
"podo coñecer fácil a perfección da escrita,
a exactitude no uso das palabras gastadas
pola literatura de centos de escritores
que xa cantaron versos de amor e desamor
pero nada no mundo retrata nos meus ollos
o sensitivo goce da harmonía dos breves
momentos onde tremo coa túa inmensidade."
(fragmento)
Miro Villar: Abecedario da desolación, 1997.
2016/11/17
Mañá continuaremos a partida
I’m your man
If you want a lover
I’ll do anything you ask me to
And if you want another kind of love
I’ll wear a mask for you
Oh Leonard, fuches todos os amantes nun único amante, décheslle novas dimensións ao noso xogo favorito e fixéchesme crer que me escribías só a min. Noutrora, cando fai dez anos criamos que paseabas por esta selva, a túa voz serviu para iluminares a aqueles que duraron moito menos ca ti, ignorantes uns, torpes outros, noite tras noite deixaban que foses ti o que ficaba na cama borboriñando na miña orella ata a madrugada. Agarda por min, mañá continuaremos a partida.
If you want a lover
I’ll do anything you ask me to
And if you want another kind of love
I’ll wear a mask for you
Oh Leonard, fuches todos os amantes nun único amante, décheslle novas dimensións ao noso xogo favorito e fixéchesme crer que me escribías só a min. Noutrora, cando fai dez anos criamos que paseabas por esta selva, a túa voz serviu para iluminares a aqueles que duraron moito menos ca ti, ignorantes uns, torpes outros, noite tras noite deixaban que foses ti o que ficaba na cama borboriñando na miña orella ata a madrugada. Agarda por min, mañá continuaremos a partida.
2016/11/04
2016/09/27
Linguaxes secretas
Fai doce anos, o 27 de setembro
de 2004 morría case centenaria Ian Huaní, a última persoa que aprendeu nuxu de
forma natural a través das mulleres da súa familia.
Desde o século III da nosa era as mulleres dunha pequena zona da provincia de Hunan
desenvolveron un sistema de escrita propio, que se transmitía de avoas a netas,
e que nunca, baixo ningún concepto, podían aprender os homes. O nuxu permaneceu oculto ata 1982.
Este código lingüístico tamén tivo versión escrita no denominado Libro do terceiro día. Tres días despois da voda, as mulleres da casa entregábanlle un caderno á nova casada onde podía atopar páxinas dedicadas á dor da perda dun ser querido simbolizando a partida e logo páxinas en branco que ela había de cubrir coas súas vivencias. Cando morría a autora o libro soterrábase canda ela.
Este código lingüístico tamén tivo versión escrita no denominado Libro do terceiro día. Tres días despois da voda, as mulleres da casa entregábanlle un caderno á nova casada onde podía atopar páxinas dedicadas á dor da perda dun ser querido simbolizando a partida e logo páxinas en branco que ela había de cubrir coas súas vivencias. Cando morría a autora o libro soterrábase canda ela.
Sigo a precisar esa linguaxe
secreta que se destrúa canda nós na que poder contarche todo o que levo
gardado para ti.
_______________
Déixolles aos pertinaces lectores que aínda
pasean esta selva o marco das Cartas
do terceiro día de Marcos Calveiro, cliquen aquí
se ademais desexan ver en vídeo un fragmento da mesma obra recitado polo autor.
Miña filla:
Yang
era o alcume da miña avoa,
Huanyi
era o de miña nai,
elas e as demais labregas
da prefectura de Jiang Yong,
Provincia de Hunam,
que sabían da súa nacencia e serventía,
xamais souberon ler ou escribir en han
nin os seus nomes
nin os de seus fillos
nin os dos paxaros
que brincaban nas leiras,
emporiso ensináronme
na súa secreta linguaxe
o pouco que sabían,
o pouco que eu tamén sei
e que agora che quero entregar
nestas cartas que escribo coas túas irmás
na terceira xornada de convite e rexouba
dende o teu casorio arranxado
polo alcoviteiro da aldea
co teu pai e a familia dese prea
co que ves de casar.
Miña filla,
nosa benquerida irmá:
Eiquí rematan
este feixe de cartas
feitas coa estima das que te estrañan,
verbas de alivio e conforto
das túas amigas,
ensinanzas, desculpas e avíos
da túa naiciña.
Non as esquezas
e tenas presentes
polo teu ben e o teu descanso,
adeus para sempre
filla e compañeira.
As follas en branco
que agora seguen
éncheas co amor e o cariño
que nos che profesamos
e cando te sintas pexada
arreda o fastío e a repugnancia
escribindo nelas coitas e alegrías,
herdanza que deixarás
a túa meniña
o día aínda lonxano
da súa partida.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)