Páxinas

2018/05/19

A informacion do ollo humano


Leo a Oko:

"o ollo humano é quen de procesar un fluxo de información unhas dez veces superior ao resto dos sentidos á vez"
máis que o olfacto
máis que o gusto
máis que o oído
máis que o tacto
...

Por iso ás veces preciso cerrar os ollos para sentir só a información...

que me dá o tacto para atopar ás apalpadelas os camiños do desexo,

só a que me dá o gusto para gorentar a túa suor,

só a que me dá o olfacto para ventar o teu sexo,

e só a que me dá o oído para acompasar o meu corpo ao teu alasar debaixo de min.

DSXT

Um comentário:

Chousa da Alcandra disse...

Certamente, ás veces cómpre pechar os ollos para poder SENTIR cos otros sentidos a intensidade, sen que a mediatice a vista...