Quero agradecer de novo o premio Sunshine Award que lle foi concedido á Selva polos blogs Revolta da Freixa, Reincidente e A cova do raposo e
como corresponde decido darlle o premio desde a Selva aos seguintes blogs ordenados alfabeticamente (quedan excluídos os que me concederon o premio). Polo demais vou premiar aqueles que me aluman aínda que xa outros lles concedesen o premio previamente.
A conta da caperucita nunca bate certo
Anoche soñé que había vuelto a...
Calidonia
Chove en ningures
Dor na retina
Gradicela
Neobestiario
Outras lerias
Pés espidos
Vadeorosa
"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
Amosando publicacións coa etiqueta Premios b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premios b>. Amosar todas as publicacións
2011/09/27
2010/09/27
Maldita memoria!
Ou máis ben debería dicir, maldita desmemoria!
Cando recibín o premio de Kaplan veume un flash deses, premio, premio, premio, e empecei a pensar que non era o primeiro premio que recibía, pero non se me ocorría nada máis. Despois viñeron outro e outro, e outro, pero non acababa de situar a cousa ata que por fin, e con gran malestar para min, localicei a lagoa mental.

Mil desculpas pola desatención, non estaba no meu ánimo, pero a saber que foi o que pasou. Tento con esta entrada pedir perdón e aproveito para recomendar es Revolta da freixa tan ben feita, especialmente esa serie Noticias de literatura que nos permite estar ao día nas nosas letras.
2010/09/26
Premio: Vale a pena ficar de olho nesse blog!
O Sr. Kaplan concedeulle á Selva este premio que creo que se debe máis aos anos de seguimento mútuo que á valía deste blog, o que non lle resta ilusión ningunha ao feito de recibilo.
Procedo agora á miña concesión do premio aos blogs que seguen e onde non incluín ningún que xa o tivese recibido. Coma sempre nestes casos, son todos os que están pero non están todos os que son.
E os galardonados por orde alfabética son:
A canción do náufrago de Francisco Castro polas súas reflexións sobre a escrita.
A conta da Caperucita nunca bate certo de La queue bleue porque me resulta divertida e interesante.
A cova do raposo de Raposo porque ás veces dispara a queimarroupa e acerta.
A tolemia é un sombreiro de Noa porque convida a desvariar.
Alfaias de Calveiro porque cada vez me gustan máis as cousas que di este señor. O seu último post, Insubmisión, non ten desperdicio.
Días estranhos de Martin Pawley por nos ensinar o outro cine.
Gradicela de Peke polas súas crónicas vitais.
Neobestiario de Fisiólogus porque llo debo antes de que nos abandone definitivamente.
Mi Jardín Prohibido pola estética visual e literaria.
Outras lerias do señor Torreira ao que visito cando a boca me sabe a vodka.
Suponse que cada un dos premiados debería seguir a cadea, déixoo á súa vontade, non o consideren unha obriga.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)