Páxinas

2010/09/27

Maldita memoria!

Ou máis ben debería dicir, maldita desmemoria!
Cando recibín o premio de Kaplan veume un flash deses, premio, premio, premio, e empecei a pensar que non era o primeiro premio que recibía, pero non se me ocorría nada máis. Despois viñeron outro e outro, e outro, pero non acababa de situar a cousa ata que por fin, e con gran malestar para min, localicei a lagoa mental.



Mil desculpas pola desatención, non estaba no meu ánimo, pero a saber que foi o que pasou. Tento con esta entrada pedir perdón e aproveito para recomendar es Revolta da freixa tan ben feita, especialmente esa serie Noticias de literatura que nos permite estar ao día nas nosas letras.

3 comentários:

zeltia disse...

ai, que cumplidiña me é vostede!
:)
Estes dias teño un traballo que nindiola, porque tento botar un vistazo a todos os blogues que andades recomendando uns e outros...

X disse...

Non se me estrese!

Rdf disse...

Moi agradecido pola gabanza. As desculpas nin fai falla pedilas. As visitas ao teu blog sempre son de agradecer.
Saudiña.