O Sr. Kaplan concedeulle á Selva este premio que creo que se debe máis aos anos de seguimento mútuo que á valía deste blog, o que non lle resta ilusión ningunha ao feito de recibilo.
Procedo agora á miña concesión do premio aos blogs que seguen e onde non incluín ningún que xa o tivese recibido. Coma sempre nestes casos, son todos os que están pero non están todos os que son.
E os galardonados por orde alfabética son:
A canción do náufrago de Francisco Castro polas súas reflexións sobre a escrita.
A conta da Caperucita nunca bate certo de La queue bleue porque me resulta divertida e interesante.
A cova do raposo de Raposo porque ás veces dispara a queimarroupa e acerta.
A tolemia é un sombreiro de Noa porque convida a desvariar.
Alfaias de Calveiro porque cada vez me gustan máis as cousas que di este señor. O seu último post, Insubmisión, non ten desperdicio.
Días estranhos de Martin Pawley por nos ensinar o outro cine.
Gradicela de Peke polas súas crónicas vitais.
Neobestiario de Fisiólogus porque llo debo antes de que nos abandone definitivamente.
Mi Jardín Prohibido pola estética visual e literaria.
Outras lerias do señor Torreira ao que visito cando a boca me sabe a vodka.
Suponse que cada un dos premiados debería seguir a cadea, déixoo á súa vontade, non o consideren unha obriga.
11 comentários:
Estou ilusionadísima! Un millón de gracias! :)
aunque no lo parezca, no he dejado de pasear por la selva.
no había razones para sentirse en deuda pero, muchas gracias.
Noraboa, compañeira!
e tamén aos premiados, xa visitei algún e gustoume o que atopei.
Bico
De nada Noa.
Pois non o parece, Fisiólogus, debía deixarse ver máis a miúdo ;)
Grazas Susana, para o meu gusto son todos bos.
Saúdos aos tres.
Obrigado, X.
Eu non son moito de cadeas, mais pensareino.
Apertas e grazas.
Moito obrigado dona de esmelle...bico con barra libre (póñalle vostede o licor que goste).
Muchas gracias por tu premio, aunque con que sigas paseandote por mi Jardín es más que suficiente.
Un saludo.
Agradecido, e apertas dun raposo o que tamén lle gusta corretear pola esta selva tan frondosa e fascinante.
Carai, moitas grazas. A ver se este premio me anima a postar máis a miúdo.
Eiiiiiiiiiiiii, tarde, mal e a rastras, mas mtíssimas graças!! É o primeiro prémio que me dam, que ilusom :-)
Em especial considerando que ultimamente tenho o bloguio abandonadinho de tudo...
Por isso che estou mui agradecida, Xzinha
:-)
Um biquinho (e mil desculpas por nom vir agradecer antes, ando bastante desligada ultimamente, sem linha na casa etc.)
Celebro que a todos lles gustase o premio, con iso doume por máis que satisfeita. Saúdos.
Postar um comentário