Páxinas

2008/11/14

A volta ao mar

[Fotografía de X]

Foron pasando os días e por unhas cousas ou por outras non dei feito un post da miña volta ao mar despois de tanto tempo.
Hai un par de semanas Dornacity devolveume as gaivotas, o vento salgado e a paisaxe libre e aberta do océano, ummm, que gozada!
E aínda tiña máis sorpresas, unha sesión vermú na terraza da ágora cos novos amigos e na que apareceu por sorpresa entre os que entraban e saían un agasallo, o home de Maryland coa súa marabillosa historia da cruz envelenada. Entre cañas e tapas de paella resultou unha sesión de risoterapia magnífica.
Aínda a fin de semana me había tratar como unha emperatriz chinesa pero esa historia queda para outro día.
Outra versión da mesma realidade.

4 comentários:

D.Rambaut disse...

Vexo como esa Mar Oceana a recibíu.
Interesante o "home de Maryland", si, si...¡¡ Xa leera algo na bitácora de Gradicela.
En fin, vexo que foi unha afortunada xornada.

Daniel

pd: saúdos o seu B

X disse...

Si, o home de Maryland é realmente moi particular e superdivertido.
Saúdos.

Anônimo disse...

o home de maryland...! (encántame o nome)

X disse...

A min tamén me gusta moito o nome, ten nome de novela, verdade?