Páxinas

2008/11/02

Que non cale, que fale

Que fale e non agache, a transparencia a longo prazo nunca pode ser negativa. A verdade hai que afrontala e se non é a que queremos deberemos tomar as medidas necesarias para modificala. Agachar os problemas nunca foi boa solución.

Oféndeme tanto papanatismo monárquico, os medios sementan tal Alzheimer social que de aquí a nada a poboación non vai lembrar máis aló do que aconteceu a fin de semana pasada nas carreiras. Xa esquecemos que a presenza destes monarcas nas nosas vidas obedece á vontade dun ditador de extrema dereita? Xa se nos borrou da mente que Juan Carlos está onde está porque aceptou o réxime franquista enfrontándose ao seu propio pai?

Non, non, que a raíña fale, que fale, que exprese as súas ideas:

- Non ao matrimonio de homosexuais e lesbianas.
- Non ao aborto.
- Non a informar sobre a violencia machista.
- Non á eutanasia.
- Si á relixión nos colexios.

Que fale, que así me permite manter argumentadamente que, por todo o anterior, non creo que deba/poida representarme en ningún foro.

6 comentários:

Kaplan disse...

creo que non dixo nada que non soubésemos/sospeitásemos. non si?

D.Rambaut disse...

Η αγαπητή Σόφια μου, Χ είναι σωστή. Η ώρα της οποίας επιστρέφετε στην Ελλάδα, σε Mikonos είναι δυνατή. για να πάρουν με σε Urdangarín, τη Jaime de Marichalar, τους πρίγκηπες και την πριγκήπισσα. Εκεί ο ίσος εσείς είναι επιτυχέστερος.
Ένα στοργικό αγκάλιασμα

Ντάνιελ "Rambaut"

X disse...

Non Sr. Kaplan, non dixo nada novo que non souberamos, o novo é que non sabiamos que se ía atrever a dicilo, non? Saúdos.

Αγαπητέ Rambaut, είναι πάντα ευχάριστο παιχνίδι. Μπορείτε έκαναν να χαμογελάσω σήμερα το πρωί. Ένα εγκάρδιο χαιρετισμό και ευχαριστίες.

O Raposo disse...

Que fale, que fale, que se quite a careta, que se mostre espida de corpo e alma, que amose a sua verdadeira faz, a ver si pouco a pouco se esborralla ese tan ben montado montaxe monárquico.
República xa!!!

Anônimo disse...

Alfama di: non é máis preocupante que "o que ela dixo que non dixera" sexa o que pense a maioría? que esa é a nosa herdanza máis dolorosa do de ferrol? non censuremos, que cada quen fale, e como di esmelle que se constate quen non me debe representar...

X disse...

Raposo, iso, República.
Alfama, das malas herdanzas tamén nos debemos desfacer.
Saúdos.