Páxinas

2008/11/06

Praceres cotiáns confesables

Comezo cos deberes dos memes pendentes, neste caso sigo o amable convite de dúas estupendas blogueiras.
Ben, teño que confesar que custou elixir, pero aí van só 6 dos meus praceres cotiáns confesables:
  1. Perfumarme polas mañás e cada vez que saio da casa.
  2. Atopar a foto perfecta para un post, dar con esa que xusto estabas imaxinando.
  3. Ordenar a miña mesa de traballo (que sempre está revolta).
  4. Chegar á Selva e ver que houbo visitas.
  5. A visión e olor do cuarto de baño despois de limpalo.
  6. Botarme no sofá cun edredón ou directamente na cama e poñer no dvd unha peli "desas".

14 comentários:

garegaes disse...

E para cando os inconfesables?

aultre narai disse...

a foto é perfecta!

La queue bleue disse...

:)

D.Rambaut disse...

¡ qué ben falamos os dous "traslatogrego", ainsss ;-).

Gosto moito dos olores que expile a xente, xa sexa "orgánico" (éstes concretamente só en algúns contextos) ou artificiais. E tamén me gusta "perfumarme" polas mañás e sempre despois da ducha, sexa noite ou de día, ( Sí, os corpos etéreos tamén precisamos de limpeza).
E tamén a miña mesa de traballo está sempre revolta (tería que vela hoxe, ai miña mamaiciña¡¡¡¡) e non só a mesa se non todo o "rocho".
Tamén é agradable chegar a Selva e ver que ten unha entrada nova. Sentarme-deitarme no sofá, con unha mantiña de lá de Astorga, atendelo correo ordinario e o outro,ver tamén de vez en cando unha peli "desas" ou de "outras" e mentras tanto, agochado vaixo a caloriña, preparar parte do traballo do día seguinte: entradas e saídas de novos "espritos", peneirar "ialmas novas", etc

En fin.... un executivo do "limbo".

Xa ve, acabo de darme conta que sucumbín o seu meme.

unha aperta.

Daniel

pd: tamén gosto moito do olor do cuarto de baño, sobre todo os martes e xoves que é cando ben "Josefita" a traballar un ratiño o meu carón.

D.Rambaut disse...

En canto o das fotos vostede sempre, sempre acerta. Nalgunha ocasión conseguiu sacarme ata as cores, :-)).

E se a xente visita a Selva é porque a Selva atende ben ás visitas e íso sempre é de agradecer

Daniel ( outra vez, :-( )

peke disse...

Recoñezo que seis é un número escaso. Para cando os inconfesables?

leticia disse...

Haré un 3en1:
- enhorabuena por ese nuevo sobrino que tenía tanta prisa por venir.
- coincido con sus placeres, aunque quizá no en ese orden y seguramente habría muuuchos más. Así que posiblemente estos no serían mis seis elegidos. Por cierto, la Selva siempre huele muuuy bien, por eso volvemos por aquí.
- por último, y relacionado con su placer de las fotos adecuadas, que siempre lo son: guapa, pero guapíiiiisima, la del post dedicado a Kaplan. Perfecta es poco.

Muchos besos y a disfrutar de ese príncipe.

X disse...

Garegaes,novo nick?
Garegaes e Peke, os inconfesables xa veñen, xa veñen :D
Aultre Narai, grazas.
d.rambaut, sacarlle as cores, cando?
Leticia, grazas, grazas e grazas. Doulle a benvida á Selva.
Saúdos a tod@s.

D.Rambaut disse...

Moitas veces, pero unha que lembro ben é "Hai moitos camiños" en Agosto do ano pasado. Alguén opinara igual cá min. Tiven esa foto de "fondo de escritorio" moito tempo. Agora teño o meu "peiboliño" que vale máis que cenmil cunchas. ;-)

Bicos mil X

Daniel

pd: Eu tamén estou a esperar polos INCONFESABLES, neses teño algo de experiencia.... ;-))

X disse...

Pero en agosto do ano pasado xa andaba vostede pola Selva?
:O

D.Rambaut disse...

;-))))


pd: fae tanto que coido que xa ata podería firmar como Dani, jajajja. ¡ pero non me atrevo ;-) !

Daniel

X disse...

Pois nada Dani, perda os reparos ;-)

y disse...

vamos, xente que non ten nada que facer

X disse...

Non, y, xente, coma vostede, que fai o que quere facer, que non é o mesmo.
Doulle a benvida á Selva. Saúdos.