
A auga tamén pode unirnos doutras maneiras. Velaquí teñen uns rusos de 1900 nos baños, pregúntome se ligarán ou non, aínda que nisto dos baños públicos disque hai moita
lenda urbana. Sen ir máis lonxe, estoume acordando dunhas amigas que viron no
fogar do líquido elemento unha oportunidade excepcional para animar a súa vida social. Semanas despois seguían con maniotas, mágoa que non fosen polo tipo de exercicio que gustarían de practicar.
Fotografía vía
Bajo el Signo de Libra.
4 comentários:
A foto é moi instructiva sobre o exercicio que se fai.
Un saúdo.
Si, bastante descritiva.
Alégrome de que siga visitando a Selva. Saúdos.
Teño uns coñecidos que se van para a semana a Estambul e a percorrer Turquía en coche, xa estou vendo eu que a volta igual veñen con fotos destas, ajjaj.
Desde logo se traen fotos destas e que o deberon pasar ben por alá :)
Frida doulle a benvida á Selva.
Postar um comentário