Páxinas

2008/06/04

Las chicas de la lencería

A cousa prometía, entre o tráiler e os premios Las chicas de la lencería parecía unha boa opción e case que ías a tiro fixo. Aldea suíza montañosa, micromundo, vella viúva con depresión pola morte do home decide seguir os consellos dos que a rodean e reaccionar, para iso recupera un soño de mocidade, montar unha tenda de lencería. A partir de aí as reaccións dos diferentes axentes sociais que estruturan o mundo do cosmos-aldea e xa temos a historia montada. Podería ter sido un moi bo filme, o tema permitíao, pero claro, xa se sabe, para unha dirección talentosa calquera tema é bo. E todo iría ben se a protagonista e as súas amigas non derivasen nun grupiño de mulleres tipo xatevinmilveces e todo fose rosarosarosa no peor sentido da palabra. O que vai ocorrer é tan evidente que, se marchas cara ao final, es capaz de contarlle a outro como remata cun centoporcento de acerto. Filme politicamente correctísimo onde os haxa o que xa é incrible é que algúns sectores pretendan vendelo como un produto superfeministaquerachascoapana que anima as mulleres a buscar o seu propio camiño, bla, bla, bla... En fin, unha queda coa rabia de non ter visto esoutro filme que podería ter sido.

Clasificación selvática: 4 (Como aburrirse diante dunha pantalla)

7 comentários:

Lúa disse...

soe pasar....

Anônimo disse...

Non che é nada novo. A min, que me gusta o cine bélico, pasoume o mesmo con "Pearl Habour". Fun agardando algo ao estilo "Inimigo ás portas", ou "...soldado Ryan", e acheime cun bodrio ateigado de sentimentalismo de telenovela no que había, logo de cada batalla, tanto amor, que case acababas pensado que os bombardeos pagaran a pena. Semellaba o video de promoción para adolescentes dun bandeirín de enganche do exército americano.

Así non che hai que se fie...

Anônimo disse...

ti aínda te lías e enrollas máis cando algo te disgusta e horroriza. Consello: cambia de marca de lencería (a de mercadillo é a máis cómoda)
ou en pelotas, pola selva non hai pudores :-)

Anônimo disse...

¿Las chicas de la lencería? Carallo, eu quedéime nas chicas de la Cruz Roja...

Anônimo disse...

vaia, pero o cartaz era toda unha revelación, ou non?

Anônimo disse...

Boas ideas e malos resultados. É a historia mesma da humanidade.

X disse...

Si, Lúa, soe pasar :(
Larvós esa famén foi boa :)
Anónimo, non reparara niso pero vai ter razón. En canto ao da lencería de mercadillo estou en completo desacordo. E respecto ao de que na Selva non hai pudores, esquece que hai silveiras e hai que protexer o corpiño :D
câosemdono recoméndolle un plan urxente de actualización, en canto á película que cita eu prefíroa a esta.
Kaplan o cartel vino despois.
Vakastolas quédome coa súa frase.
Saúdos tod@s e grazas por viren.