Vaia por diante que só son espectadora mediática dun asunto que nun principio produciu en min sorriso por disparatado mais que agora xa só consegue poñerme de mal humor por ridículo comunitario.
Un par de ideas:
- Sexa ou non a forma máis acertada de facer as cousas, nun estado de dereito non se pode censurar a ninguén por se intentar defender lexitimamente usando a lei (e isto, que eu saiba, aínda non aconteceu, e como se así fose).
- Considero que a aparición de comentarios irrespetuosos de carácter anónimo nun blog non debería ser responsabilidade dos seus autores, agora ben, si creo que é a súa responsabilidade o mantemento deses comentarios. Non se pode consentir que baixo o anonimato da rede se fagan todo tipo de acusacións (e xa non falo agora do caso que nos ocupa) sen ningún tipo de responsabilidade.
- O deseño das mariquiñas encantoume, paréceme precioso, ocorrente e elegante. Se fose Yolanda agradeceríalles a publicidade gratuíta.
- Ser unha "poetisa estrela" ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes, cría que os segundos xa os tiña superados a estas alturas alguén coa traxectoria mediática de Yolanda Castaño.
Como ben di o noso superpremiado Rubén Ruibal este país é abondo pequeno como para que non sexan necesarios avogados para atoparse se hai boa vontade, mentres, o circo vai como vai.
Amañen as cousas e fágannos felices :D

3 comentários:
todo este asunto é penoso e desproporcionado; penso que (agora que xa teño o que debo ter) tamén eu colgarei algo disto en ithaca. ah, e un saúdo moi cordial para vde.
Xa se lle botaba de menos...non se lle ocurra explotar asi que fale.Bk
Si, xa se botaba de menos.
Postar um comentário