Páxinas

2007/06/27

Solsticio de verán

Non saltei o lume de San Xoán, non catei a flor da auga, nin sequera tiven ramo na casa, aínda así, queimei o que tiña de ser queimado e en segredo pronunciei o meu desexo para o vindeiro ano.
Tras o solsticio de verán volto á Selva que me ten atrapada, a este acubillo de tempo propio.
Grazas a tod@s polos seus comentarios, algúns aínda me fixeron rir un anaco, abofé que si.
PD: Botábaos en falta.
[Fotografía de X]

14 comentarios:

gatina dixo...

Me alegro que hayas decidido volver tras la noche mágica, aunque sea la más corta. Estábamos aguardando tu regreso.

Espero que se cumplan tus deseos.

moucho branco dixo...

A maxia pagá, que o pode todo. Me alegro de que exorcizara os demos que tiñan a selva en stand by...

Torreira dixo...

Voltaches tras espantar o meigallo...Menos Mal!,xa escomenzaba a encabuxarme co teu saio a mercar tabaco.Bico

Anónimo dixo...

volveu... (de todo) ;-)

Moralla dixo...

Ímosche botar a esa fogueira entre todos os demos que acudimos á túa paxína selvática!!!!
Non te salvarás, eu boteiche un mal de ollo (jajajajajaja) con calivera e todo, esconxuro e queimada...
prepárate!!!
vai pensando en como fuxir...

Laurindinha dixo...

Eu tampouco... Este ano non seguín as tradicións...
Benvida de novo!

Unknown dixo...

Nin lume, nin auga, nin sardiñas. Nada de nada. Bueno, un pouco de queimada. Voltarei moias veces. Gostei da serie de animación a leitura.
Saudos para ti.

X dixo...

Mueja, doulle a benvida ao blog.
Torreira e Moralla saíronme vostedes dous un chisco protestóns, un encabuxado, a outra bótame mal de ollo, ao final vai resultar que isto de ter blog é un deporte de alto risco :D
Saúdos aos demais.

Anónimo dixo...

Fermosa imaxe para a súa volta, foi unha sorpresa achegarme aquí xa resignada a ir mañá a perruquería, e descubir que fora salvada da "queima".
Unha sorpresa moi agradable, vexo que é muller de palabra e cumpriu o de temporalmente aínda que a nós deunos tempo a botala en falta.
Unha calurosa aperta.

Anónimo dixo...

Fermosa foto. Fermosa volta.

torredebabel dixo...

Contra o que moitos pensan, os ritos son moito mais poderosos canto máis intimos os repetimos. Fermosa foto. Fermosas verbas.

Son Unha Xoaniña dixo...

Alégrome moito que volva vostede a estar aquí, teño costumes que me costa desfacerme delas, e unha é a de visitar o seu blog, así que espero que continúe contando cousas por aquí.
Benvida, saudiños.

Raposo dixo...

Gosto de que regresara.

Anónimo dixo...

Somos máis dos que pensaba... Se cadra había que probar mudar de tradición... Verémonos na selva para saber como vai o ano. Bicos de benvida