
Un gracioso pegou na porta dos contadores unha pegatina dunha tenda de decoración que non sae, desgraciadamente non trae o teléfono pero se me ocorren un par de sitios chulos para pegarlla.
Pero iso non é nada ao lado do de ELOS, por se alguén non o sabe é un blog colectivo que circula no blogomillo, a súa singularidade consiste en que un post sempre debe comezar pola última oración do post anterior. Xa, non racha coa pana de orixinal pero do que se trata é de participar, non? Pois aí vén a cuestión, o día 29 do mes pasado publiquei un post, e desde aquela non publicou ninguén máis, nin houbo ningún comentario. Tampouco creo eu que sexa para tanto a oración: "E ao final perdemos a perspectiva e acabamos por asasinar ao irmán porque só podemos aturar del que sexa un apático mediocre coma nós." Estareime convertendo nunha asasina de blogs colectivos?
E agora van os de ETA e xa din ás claras que rematan coa tregua, que disque xa estaba rematada, pero se agora é peor daquela rematada de todo de todo non estaba, non si? E van os outros e aproveitan para montala, como cando non estaba rematada, porque como a cousa é montala, pois se monta, e aínda por riba hai que oílos.
Fóra diso, comín as dúas galletas de chocolate negro que me quedaban.
10 comentários:
a que se refire con sementes? ao feed?
Sip.
se mo permite, post coma este son os que a min me privan; tamén se mo permite, é a primeira vez que nos conta algo da súa propia vida, e iso é FANTÁSTICO! siga, siga...
Disinto.
En todo caso, este post foi froito dun ataque inconsciente de ira :D
vaia! daquela non hai mal que por ben non veña...
Así se fala e os blogs, en tanto que organismos vivos, nacen, medran, ás veces reprodúcense e todos, todos acaban por morrer. C'est la vie
Mándolle un mimiño!
:) Notava-se bem, X, o do ataque, digo.
Afinal nom som eu a única humana.
:*
Que mal dia...se ao final non vai ser cousa do pulverizador.Bicos
Pois séntalle moi ben o ataque de ira, saíulle un post redondo e xenial.
Por certo srta,xa ten unha cuita menos (ELOS).Bico
Postar um comentário