Páxinas

2007/06/02

Rubideira teimuda I

Aquí continúo, un ano despois de que alguén me metese o formiguiño de realizar esta viaxe.
Agardaba ser rubideira teimuda pola cortiza da rede de redes e algo fun facendo.
Cruzáronse moitos camiños alleos co meu, case que sempre enriquecedores e amables, estoulles agradecida por facer que fose así.
Aínda que por veces houbo tentacións de abandonar a selva, de momento creo este é un vicio furtivo que me podo permitir e que quero seguir compartindo con tod@s vostedes.
Grazas de novo por estaren aí.
[Rachmaninov - Rapsodia sobre un tema de Paganini]

powered by ODEO

12 comentários:

Anônimo disse...

Parabéns polo aniversario, X.
Un saúdo e aquí estaremos.

Marinha de Allegue disse...

P A R A B E N S!!!. Un pracer compartir visitas e comentarios con vostede.

Unha aperta de celebración.
:)

Anônimo disse...

Parabéns polo aniversario e grazas a ti! :)

X disse...

Grazas :)

gatina disse...

Parabéns. Espero que as raíces medren fortes e que o árbore sexa centenario.

paideleo disse...

Parabéns e a seguir así. Cun pouco de tempo pódese manter unha selva vizosa.

La queue bleue disse...

X, minha linda, nom sei se peco de ousada, mas vejo-te estes dias que nom te vejo. Em qualquer caso, o prazer tem sido sempre nosso. Felicidades!

X disse...

Grazas aos tres :)

Anônimo disse...

Parabéns por este aniversario X, un saúdo moi especial para vostede desta doutora inexperta nestas angueiras da rede... non me esquezo de que vostede foi a primeira en achegarse á consulta (a distancia) da miña paciente e desexarnos o mellor, xa que logo, prezada madriña virtual, unha aperta e o desexo de que continue un ano máis para goce de todos os que pasamos por aquí.
(Cheguei tarde, pero cheguei)

fisiologus disse...

feliz aniversario

X disse...

Doutora, xa non lembraba eu o apadriñamento, mais visto como medra o cativo fachendeo de afillado.
Estimado Fisiólogus é unha alegría para min cada vez que volve aparecer pola Selva.

Moralla disse...

AAAAAAAAAAHHHHHHHHHHHH!!!!!!!!
Rachmaninov, Paganini!!!!!!!!!!!!!!!
MILES DE GRZAS NON SON SUFICIENTES, amazonas
aperta de Yoli