



Na Selva de Esmelle a luz brilla con todas as cores do arco da vella.
"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis

 Ao meu frasco de perfume de 100 ml, que vai pola metade, polo tanto, ao que lle quedan 50 ml, se lle estragou o pulverizador, e non vai, e non vai, e non hai que facerlle. Ben, si, algo fixen, chamei ao teléfono do cliente da marca onde me dixeron que se poñerían en contacto co seu subministrador de perfumes para ver que solución lles daba. Porque claro, unha cando merca un perfume non garda o tique ata o día do xuízo por se un día o pulverizador vai e deixa de funcionar, iso si, a proba do crime téñoa.
 Ao meu frasco de perfume de 100 ml, que vai pola metade, polo tanto, ao que lle quedan 50 ml, se lle estragou o pulverizador, e non vai, e non vai, e non hai que facerlle. Ben, si, algo fixen, chamei ao teléfono do cliente da marca onde me dixeron que se poñerían en contacto co seu subministrador de perfumes para ver que solución lles daba. Porque claro, unha cando merca un perfume non garda o tique ata o día do xuízo por se un día o pulverizador vai e deixa de funcionar, iso si, a proba do crime téñoa. Leonor de Aquitania (1122-1204), a chamada raíña dos trobadores, foi musa de trobadores e bardos bretóns ademais de compoñer ela mesma algunhas obras, para algúns esta muller vai ser a responsable de que a historia do Ciclo artúrico e griálico sexa tal e como hoxe a coñecemos. Moitos non dubidan en sinalala como a artífice do cambio na valoración da figura feminina no século XII á que converte no ideal do home xurdindo un amor cabaleiresco que se manterá ata a actualidade. Leonor conseguiu na súa época impoñerse ao dominio masculino e ser durante algunhas etapas da súa vida poderosa e independente, a súa biografía é un referente na historia dos dereitos das mulleres.
Leonor de Aquitania (1122-1204), a chamada raíña dos trobadores, foi musa de trobadores e bardos bretóns ademais de compoñer ela mesma algunhas obras, para algúns esta muller vai ser a responsable de que a historia do Ciclo artúrico e griálico sexa tal e como hoxe a coñecemos. Moitos non dubidan en sinalala como a artífice do cambio na valoración da figura feminina no século XII á que converte no ideal do home xurdindo un amor cabaleiresco que se manterá ata a actualidade. Leonor conseguiu na súa época impoñerse ao dominio masculino e ser durante algunhas etapas da súa vida poderosa e independente, a súa biografía é un referente na historia dos dereitos das mulleres.  A filla primoxénita do duque Guillerme X, disque unha muller de singular beleza, foi educada para herdar as terras de Aquitania, que foron súas tras a morte de seu pai. Herdou do seu avó, Guillerme IX, o duque trobador, o amor á cultura e á arte. Fronte aos costumes da época aprendeu a ler, a escribir e falaba varias linguas. A súa herdanza converteuna nunha muller independente e nunha consorte apetecible para as casas reais europeas. Casa con Luís VII de Francia con quince anos e leva ás festas reais os xogos de amor cortés. Vai ser ela a que dirixa a segunda cruzada.
A filla primoxénita do duque Guillerme X, disque unha muller de singular beleza, foi educada para herdar as terras de Aquitania, que foron súas tras a morte de seu pai. Herdou do seu avó, Guillerme IX, o duque trobador, o amor á cultura e á arte. Fronte aos costumes da época aprendeu a ler, a escribir e falaba varias linguas. A súa herdanza converteuna nunha muller independente e nunha consorte apetecible para as casas reais europeas. Casa con Luís VII de Francia con quince anos e leva ás festas reais os xogos de amor cortés. Vai ser ela a que dirixa a segunda cruzada.  As súas infidelidades rematan coa anulación do matrimonio. Meses despois casa con Henrique II de Inglaterra, un home do que estivo fondamente namorada mais que lle foi infiel en numerosas ocasións.
 As súas infidelidades rematan coa anulación do matrimonio. Meses despois casa con Henrique II de Inglaterra, un home do que estivo fondamente namorada mais que lle foi infiel en numerosas ocasións.  Henrique afástaa das decisións políticas por primeira vez na súa vida, e ela, en desacordo coas decisións do seu marido, alíase cos seus fillos para que estes herden Aquitania que lexitimamente lles pertencía vía materna. Como resultado desta afrenta Henrique encérraa durante quince anos ata a morte do rei. Cando o seu fillo Ricardo é coroado rei de Inglaterra, Leonor volve participar directamente na vida política ata a súa morte. Baixo o seu mecenado escribiron, entre outros, Chretien de Troyes e a fermosa Leonor vai servir de modelo para personaxes literarias como Xenebra ou Isolda.
 Henrique afástaa das decisións políticas por primeira vez na súa vida, e ela, en desacordo coas decisións do seu marido, alíase cos seus fillos para que estes herden Aquitania que lexitimamente lles pertencía vía materna. Como resultado desta afrenta Henrique encérraa durante quince anos ata a morte do rei. Cando o seu fillo Ricardo é coroado rei de Inglaterra, Leonor volve participar directamente na vida política ata a súa morte. Baixo o seu mecenado escribiron, entre outros, Chretien de Troyes e a fermosa Leonor vai servir de modelo para personaxes literarias como Xenebra ou Isolda.  Velaquí a filla de don Gaiferos do romance galego que nos chega en Murguía e ecoa en Carré Aldao, unha muller brava que non quixo ser menos que calquera home da súa época. Os restos da tres veces raíña permanecen no mosteiro de Fontevrault, cabo dos do seu fillo Ricardo.
 Velaquí a filla de don Gaiferos do romance galego que nos chega en Murguía e ecoa en Carré Aldao, unha muller brava que non quixo ser menos que calquera home da súa época. Os restos da tres veces raíña permanecen no mosteiro de Fontevrault, cabo dos do seu fillo Ricardo.  Para a posteridade a súa imaxe inmorredoira no sepulcro retrátaa cun libro aberto entre as mans que representa a herdanza cultural que lles deixou aos seus e o rostro sereno e prácido reflicte para sempre o pracer da lectura.
 Para a posteridade a súa imaxe inmorredoira no sepulcro retrátaa cun libro aberto entre as mans que representa a herdanza cultural que lles deixou aos seus e o rostro sereno e prácido reflicte para sempre o pracer da lectura.
 Aquí continúo, un ano despois de que alguén me metese o formiguiño de realizar esta viaxe.
 Aquí continúo, un ano despois de que alguén me metese o formiguiño de realizar esta viaxe.