Páxinas

2007/05/25

Medo

Pensa un que pode con todo o que lle poñan por diante, que hai que ser reflexivos nos episodios difíciles, fríos, calculadores, intelixentes, racionais...
e de súpeto unha forza extraña aprisiónache o estómago, e notas que che doe, alí, dentro, coma nun centro de gravidade ata ese momento inexistente, e xa o medo está dentro apoderándose de ti, minimizando calquera pensamento positivo que se che poida ocorrer, anulando o teu lado máis racional...
e foxes cara a inconsciencia agardando que o tempo pase...
e vai o tempo e non pasa.

13 comentários:

Anônimo disse...

Moi bo, esa descrición podería aplicarse ao proceso de namoramento...a emoción que realmente nos fai sentir vivos, auténticos, reales, non só soñadores.
bicos
moralla

gatina disse...

Que cousas, a min antóxaseme mais ben todo o contrario. Un amor non correspondido, o que se acabou, mais non para as duas partes... amores imposibles. Ese desexar que o tempo cure as feridas, "e vai o tempo en non pasa" e as feridas seuen doendo, moi dentro.
Bicos,X, sempre consigues que non quede impasible ante as tuas reflexions.

Torreira disse...

Basicamente X,porque o tempo non entende de medos cabróns.Por certo srta,ti nunca chegas tarde.

Anônimo disse...

...e vai o tempo e pasa cunha sádica calma, cunha cruel lentitude, el, o tempo, que normalmente voa (e o reloxo sempre igual, ó mesmo ritmo, coma se os minutos duraran sempre sesenta segundos). Si, ben sei, ben te entendo.

Mrs.Doyle disse...

Un sempre é máis forte do que pensa... pero non se pode fuxir. Hai que vivir esas situacións e dixerilas como se poda.

Anônimo disse...

É marabillosa a sensación que un/unha sinte cando se enfronta ao medo, aínda que o sinta.
Cando non fuxes, e falas con él de fite, sentes liberdade, ás para voar alto.
Mais sentir medo é de humanos, tamén fai sentir a un coma un ser vivo. O máis alucinante é cando falas con ese medo é daste conta de que é o teu amigo e tamén podes agarimalo e bicalo con suavidade e amor.
bicos
Moralla :-)

Beluka disse...

Pasa... pero nunca á velocidade desexada cando un quere quitar a presión do estómago. E ao medo únese a dúbida e imos aviados...
Fermosa descrición.
Apertas.

Anônimo disse...

O medo só agarda a que deixeimos de darlle de mamar, despois o tempo xa volve au seu ser.

nhusko disse...

E fuxes, corres todo o que podes e cando cres que xa quedara atrás... o terror reaparece. Levábalo ti dentro, non si?

Marinha de Allegue disse...

O tempo pasa e con el pasa o medo...

Unha aperta grande.
:)

Anônimo disse...

Leva o seu tempo vencer o medo, pero non é imposible.

Anônimo disse...

No fondo os medos son crenzas moi arraigadas e por tanto moi difíciles de superar, pantasmas aos que é precisa facer fronte, senón o máis probable é que non se deteña nunca a fuxida.
Apertas

X disse...

Doulle a benvida a tío Pepín ao blog, a el e ao resto de fieis visitantes, grazas.