Páxinas

2007/05/15

Cereixa edénica

A cereixa é unha das froitas do Edén, tralo pracer do estalo chega o gusto do sabor da carne e aínda despois o goce de chuparlle o óso.
Ben o saben algúns:
"Soño coa primeira cereixa do verán. Doulla e ela lévaa á boca, mírame con ollos cálidos, de pecado, mentres fai súa a carne. De repente, bícame e devólvema coa lingua. E eu que marcho tocado para sempre, o óso da cereixa todo o día rolando no teclado dos dentes como unha nota musical."
(Manuel Rivas, Que me queres, amor?)
Vía Brétemas.

13 comentários:

Torreira disse...

Cereixas,cereixas,cereixas!!!

Anônimo disse...

quei che ghustar provocar coa boca...

Ra disse...

uffff...

Anônimo disse...

Coido que aínda están moi caras, pero se o argumenta así...

X disse...

Homedareia non quero saber en que dubidoso estado posteou o comentario :)
Saúdos aos demais e gocen das cereixas.

Anônimo disse...

Esa parte do libro téñoo cravado nos miolos dende fai anos. Cada vez que vexo unha cereixa lémbrome del, espero que non se me note demasiado.

Mrs.Doyle disse...

As cereixas son as miñas froitas favoritas así como tamén o son as súas árbores en primavera. Todo un espectáculo da natureza.

Anônimo disse...

Onte día 16 estaban a máis de seis euros quilo.

Anônimo disse...

pois non sei en que estado pensou que estaba...
a propósito, se quere beber para aclamar a súa sede, xa ten o vaso cheo.

Marinha de Allegue disse...

A cereixa é unha froita riquísimaaaaaaa.

Unha aperta.
:)

torredebabel disse...

gustame moito!!!! sobre todo, comelas co meu fillo e ver como vai pintandolle a cara de cor vermella e el tan contento, tan feliz!

Roi Buligan disse...

A erótica da cereixa..mmmm bonito texto de Rivas, eu teño unha cerdeira fermosa con cereixas medio vermellas non tanto coma a da foto...estou desexando pousalas na lingua e facer rodar o óso en boca allea...

X disse...

Benvido ao blog, Roi Buligán.
Aos demais, e a vostede tamén, deséxolles que gocen inmenso das cereixas esta temporada, tanto en boca propia coma en boca allea :)