Páxinas

2007/05/24

Bolboretas

Suso Requejo (Pontevedra) e outros entomólogos galegos levan cinco anos embarcados nun proxecto de catalogación das bolboretas galegas e agradecen a colaboración de todos aqueles internautas que queiran desinteresadamente poñer o seu gran de area no traballo.
A cousa para aqueles profanos na materia é ben sinxela, simplemente se trataría de enviarlles as fotos que poidamos realizar de bolboretas (en calquera dos seus estados, crisálida, verme, ovo ou adulto) coa localidade ou lugar e concello da captura fotográfica e a data en que foi realizada.
Xa sabedes, a partir de agora que o obxectivo das vosas cámaras tamén dispare sobre as bolboretas.
Se vos parece ben axudade a espallar a iniciativa a través dos vosos blogs e páxinas.
O enderezo para enviar as fotografías ou solicitar máis información é o seguinte:
lepidop@mundo-r.com
[Fotografía de X]

3 comentários:

David disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
David disse...

Que boa iniciativa!! Cando poida fágolle propaganda no meu blogue ;)
PS: Por certo, quedas invitada no meu blogue a facer, se queres, un interesante meme :D

RAIKO disse...

La verdad, X, me parece una iniciativa genial. De entre todas las palabras que tiene el gallego, o que alcanzo a apreciar, bolboreta es mi favorita, me cautivó desde el primer momento en que la oí. Un saludo.