Páxinas

2007/03/28

Son a criada

-Hola, buenos días, está la señora de la casa?
-Non, a señora da casa non está.
-Y a qué hora podría hablar con ella?
-Para que di que quería falar con ela?
-Para presentarle un purificador de ozono, ¿a qué hora me dice que puedo localizarla?
-É que a señora da casa está de vacacacións en Noruega e vai tardar varias semanas en volver. Bos días.
-Buenos días.
_____________________________________
Ala, toma esa!
Será que nesa empresa pensan que aos homes non lles interesa o aire limpísimo e purísimo que ofrecen?
Boicot ás empresas con métodos de publicidade sexista.

8 comentários:

Anônimo disse...

Si todos contestáramos empregando esa contundencia resolvíase nun tris o problema da publicidade sexista

Torreira disse...

BOICOT!!!

gatina disse...

- Bos dias, ta tua nai?
- Non, é importante? se quere pode deixar o recado ou falar con meu pai...
- Non se preocupe, chamaremos noutro momento, era para ofrecerlle un novo aparato de limpeza. Grazas.
(tu-tu-tu-tu...)
- ¡¡Papá!!estes señores pensaron que ti non limpas.

David disse...

Poucas cousas hai que odie máis que os anuncios con segundas, e por desgraza os sexistas son demasiado abundantes... É moi triste, parece que vivemos no século XIX...

moucho branco disse...

o apoio radicalmente!... eu cando preguntan polo señor ou señora, sempre digo que nesta casa somos unha república popular de hermafroditas.

Raposo disse...

En Vigo hai unha empresa, na Avda. de Madrid, creo, que se dedica a vender purificadores de auga ou algo asi. Cando chaman sempre preguntan pola señora da casa. A próxima vez voulle dar a contestación do Moucho branco, si o Moucho non lle importa e non me cobra o copyrigt, claro.

Mrs.Doyle disse...

Claro que si, Boicot!

moucho branco disse...

descoida, raposo, tóda-las miñas paridas levan licencia creative commons, :P