O poder xudicial considera que o testemuño escrito dun home mediante diario persoal que acusa a outro de ter feito "listaxes de paseados" durante a guerra civil non ten ningunha credibilidade e atenta contra a honra do "presunto asasino".
Necesita o poder xudicial listaxes cotexadas pola administración da ditadura para poder demostrar que houbo paseados?
Os asasinos terían que ter asinado co seu nome e apelidos o corpo dos mortos?
Foi un ente extraño quen os paseou?
Unha vez máis, négase a evidencia, e a xustiza, cega, mira cara a outro lado.
3 comentários:
Acaso teñen honra os fascistas?.
O poder xudicial está tomando decisións que por incongruentes e ata absurdas o leva a que a sociedade perda a confianza que deberia ter nel.
Ai! cego mundo cos ollos abertos! e haberá "cegos" que teñan que guiarnos polos vieiros da xustiza!!
bo post
Postar um comentário